Adrenalina e diversión no Desafío Boot Camp
O Desafío Boot Camp volve á praia de Samil o vindeiro 14 de outubro, preto de 7Km de percorrido e máis dunha trintena de obstáculos nunha proba divertida na que prevalece o traballo en equipo.
Queres desafiar o teus límites ao tempo que o pasas ben cos teus amigos? Volve o Desafío Boot Camp a Vigo. A proba terá lugar o vindeiro 14 de outubro, no entorno da praia de Samil, como vén sendo habitual. Os participantes terán que salvar entre 6 e 7km de percorrido e superar máis de trinta probas de obstáculos que consistirán en reptar pola área, tobogáns acuáticos, saltos, trepar cordas, carga de neumáticos, barras de equilibrios e moitas outras máis.
A organización do evento prevé que participen 2.500 corredores sumando as categorías de elite, popular e kids. As inscricións para participar no acontecemento deportivo xa están abertas a través de Champion Chip Norte. Os grupos deben estar formados por entre 5 e 9 corredores.
Paralelamente á carreira de obstáculos, do 12 ao 14 de outubro haberá actividades nas que poderá participar todo o mundo. Haberá música, zona gastronómica, actividades deportivas e eventos para os pequenos. Como novidade desta edición, a organización vai colaborar cunha asociación sen ánimo de lucro, organizará unha actividade de reforestación na contorna de Samil e outra de recollida activa de residuos sólidos na praia. Ademais, esta prevista a celebración dun ciclo de conferencias con persoas do mundo do deporte que tiveron que superar algún obstáculo na súa vida.