‘Reino da Extinción’, de Amorodio Teatro
Segundo o Instituto Galego de Estatística, máis de 1000 aldeas desapareceron en Galicia no pasado século e outras 8000 están a piques de facelo nos vindeiros anos. Como cambiou a nosa terra desde a Prehistoria até hoxe? Que significa ser galega ou galego en 2021? Estas, e outras cuestións, sérvenlle a Amorodio Teatro para crear o seu primeiro espectáculo: Reino da Extinción. A compañía emerxente formada por Alba Nogueira, Raquel Velasco, Carmen Facorro e Javier Castiñeira (todas elas egresadas da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia), busca poñer sobre as táboas as inquedanzas sociais da súa xeración a través dunha comedia sobre a identidade galega que, en palabras do grupo,«aborda a problemática da perda do noso patrimonio inmaterial para reactivar a conciencia dun público que vai desde os 14 aos 3500 anos». Laura Porto na dirección e na dramaturxia, e Bea de Vega e Dani Rodríguez na escenografía, completan o equipo artístico neste prometedor debut escénico. Se queredes saber como foi, como é e como podería chegar a ser Galicia, achegádevos ao Auditorio Municipal de Vigo para embarcarvos nesta viaxe millennial pola nosa historia da man de Amorodio.
Data e hora: venres 1 e sábado 2; ás 20:00 h.
Lugar: Auditorio do Concello
Ernesto Is
Últimos posts de Ernesto Is (ver todos)
- ‘Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos’, de VACAburra - 31 Maio, 2024
- ‘Soñar al borde del precipicio’, de Anómico Teatro - 20 Maio, 2024
- ‘Helen Keller, a muller marabilla?’, de Chévere - 5 Marzo, 2024
- ‘O raro é que bailar sexa raro’, de VACAburra - 12 Decembro, 2023
- ‘Deadpan Karaoke’, de Ibuprofeno Teatro - 6 Novembro, 2023