O Chef con Estrela Michelín Rafa Centeno asinará a carta gastronómica do Barbeira Season Fest
A nova edición do festival de música Barbeira Season Fest que se celebrará en Baiona os días 27, 28 e 29 de agosto e que terá entre a súa programación a artistas como Baiuca, Viva Suecia ou Ladilla Rusa, contará unha vez máis cun compoñente gastronómico, esta vez da man do chef Rafa Centeno.
O Barbeira Season Fest é un dos principais festivais de música durante o mes de agosto no sur de Galicia. Como todos os anos, o seu obxectivo principal é fusionar a música con outras artes, enaltecendo o patrimonio histórico da súa contorna e as súa riqueza cultural. Esta proposta consegue xuntar música, gastronomía e turismo nun idílico espazo de Baiona, na Península de Santa Marta, onde tanto os artistas como o público poderán gozar dunhas marabillosas vistas ás islas galegas e toda a costa.
A organización encargarse de montar dentro do recinto ‘o restaurante máis pequeno do mundo’ cuxa carta asinará o chef Estrela Michelín e responsable do restaurante Maruja Limón, Rafa Centeno. Tanto o público do certame como os turistas e veciños de Baiona poderán probar durante os tres días diferentes e sabrosos pratos que homenaxean aos produtos tradicionais que os peregrinos atopan no seu percorrido polo Camiño de Santiago, en concreto, no Camiño da Costa. Tamén existirá unha versión take-away destes, para poder tomalos en outro espazo e mesmo o envío a domicilio mediante a empresa Glovo.
Ademais de Rafa Centeno, outros chefs serán os responsables de encher o micro restaurante coas súas propostas gastronómicas galegas baixo o lema ‘o restaurante máis pequeno do mundo, o produto máis grande do
mundo’ : Marcos Rodríguez e Rubén Rodríguez, do restaurante Queimada Gastrobar; Guillermo Sala, do Mexical, Miguel Rodríguez, chef do Parador de Baiona, e o responsable da cociña do Ecoadega Cocina Mercado.
Tamén son varias as empresas que se abren a esta proposta, apoiando o turismo e a hostelería en Baiona nun verán novamente marcado pola covid-19. Torre de Núñez, Aceites Abril, Traloagro, Congalsa ou Deleite, son algunhas das marcas que se suman a idea, apostando polo seu produto nun prato relacionado co Camiño de Santiago.