CAMELIAS MASCOTAS

Recomendacións de Librouro para o Día do Libro

Celebramos o Día internacional do libro cunha variada selección de recomendacións ofrecida por Xurxo Patiño, libreiro na librería Librouro, quen ademais ofrece durante a xornada do 23 de maio un desconto do 10% a toda a súa clientela.

Desde 1988, por iniciativa da UNESCO e para promoves o hábito lector, lecébrase en máis dun cento de países o Día Internacional do Libro. A elección da data non é cousa do azar pois o 23 de maio é un día simbólico para a literatura por unha serie de curiosas coincidencias. É o día no que, en 1616, faleceron Shakespeare, Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega.

Para conmemoralo, pedímoslle a Xurxo Patiño, dono da Librería Librouro, que nos faga un percorrido polos libros máis populares desta tempada e devolveunos unha listaxe que inclúe volumes para todos os gustos, xéneros variados e en varias linguas: literatura galega, castelá e internacional traducida a ambos idiomas. Cóntanos ademais que, durante todo o día de hoxe a súa tenda ofrecerá un desconto do 10% en todas as compras e realizarán  un sorteo de dez lotes de libros entre toda a clientela da xornada.

REVISTA NOVEMBRO

Estas son as recomendacións do libreiro, toda elas actuais e dispoñibles:

Literatura en lingua galega:
-Coidadora, de María Marco, Xerais
-As mellores tendas de Madrid, de Manuel Veiga, Xerais
-Malas mulleres, de Marilar Aleixandre, Galaxia
-O bichero X. Maloserá!, de Luis Davila, Autoedición
-O souto dos catro ventos, María Oruña, Aira
-Tigres coma cabalos, de Xela Arias, Engaiolarte

 Literatura en lingua castelá:
-El baile de las locas, de Victora Mas, Salamandra editorial
-Sira, de María Dueñas, Planeta
-El juego del alma, de Javier Castillo, Suma de Letras
-El humor de mi vida, de Paz Padilla, Harper Collins,
-Transbordo en Moscú, de Eduardo Mendoza, Seix Barral

Literatura estranxeira en castelán:
-La anomalía, de Hervé Le Tellier, Seix Barral
-64, Hideo Yokoyama, Salamandra
-Ética para inversores, Petros Markaris, Tusquets
-Hamnet, de Magie O’Farrell, Libros del Asteroide

Literatura infantil e xuvenil:
-Perro apestoso, Blackie Books
-Polican, Dav Pinkey, SM
-El slime gigante, David Walliams, Montena
-Minchas, de Lorena Conde, Cuarto de Inverno
-A folla azul, de Andrea Maceiras, Xerais