CAMELIAS MASCOTAS

O colectivo Fento alza a voz en prol da moda sustentable

O pasado luns 19 Fento deu comezo ás actividades para conmemorar e unirse ao movemento Global Fashion Revolution desde Galicia. O seu principal obxetivo sempre é concienciar e pór en valor outra forma de facer ás cousas no sector da moda.

Fotografía da cadea humana levada a cabo por Fento nunha edición pasada | Fento

Fento é un colectivo formado por persoas de diversas profesións que buscan apoiar outra forma de producir e consumir máis responsable có medio e as persoas, sempre poñendo en valor o tecido productivo e creativo co que actualmente conta a industria galega, ofrecendo unha unha alternativa a todos os consumidores de productos locais, sostibles e creados con conciencia. Na semana na que se conmemoran as 1.133 persoas falecidas no complexo idustrial Rana Plaza en Bangladesh, o colectivo Fento unha vez máis quere unir a súa voz ao movemento internacional Fashion Revolution para dicir basta.

Varios proxectos de moda sustentable de Galicia teñen cabida nesta iniciativa, como La Canalla, Adoptaunaprenda, OUI JANE!, Cetácea, Seiriz, Fenosita ou _DOX. A proposta de Fento pasa por impulsar un diálogo activo entre consumidores e proxectos de moda, no que se dean a coñecer os criterios para unha confección ética, as estratexias de sustentabilidade e as alternativas ao modelo de fast fashion, que converteu ao sector téxtil no segundo máis contaminante do planeta. Serán diversas as accións, a través das redes sociais (Instagram: @Fentomoda), que Fento porá en marcha ao longo desta semana para activar e mover a gran comunidade de seguidores que lograron construir.

REVISTA NOVEMBRO

Animan a todo o mundo a participar nos seus challenge, compartir os videos informativos de profesionáis de sectores lindeiros para darlle difusión ao motivo desta semana da Fashion Revolution Week, como a Consultoría Medioambiental especializada en xestión de residos industriais, Torres Ambiental, ou a firma coruñesa Alén que axuda ás distintas organizacións a adaptarse á xestión do futuro basada na sustentabilidade e a economía circular, e debatir xunto con eles a través dos comentarios.

Martes 20 – Xoves 22
Lanzamento de píldoras informativas a través de videos sobre moda sustentable, para a xeración de debate en redes, estas propostas estarán realizadas por:
– Noemí Díaz, de Adoptaunaprenda , con consellos para un consumo de moda responsable.
– As compoñentes de Alén, sobre como identificar propostas de moda sustentables.
– Mariana Torres, de Torres Ambiental, sobre os impactos ambientais da industria téxtil.

Venres 23
Lanzamento do video colectivo de Fento #CortaACadea que reprensenta, entre moitas cousas, a ganas de cortar co establecido para crear novas premisas no textil, na sua producción e consumo e no impacto que xera no entorno.