CAMELIAS MASCOTAS

Sendeiro Local de Saiáns

O Sendeiro Local de Saiáns arrinca desde o Parque Forestal de Saiáns e circula por unha combinación de espazos que expresan o mimo co que a Comunidade de Montes de Saiáns trata o monte. Dende fai máis de 30 anos lévase traballando pola implantación progresiva de frondosas, así como facendo unha recuperación do rico patrimonio existente no privilexiado lugar.

REVISTA NOVEMBRO

Destacar a Área interpretativa dos “Piñeiros do mundo”, así como o bosque de ribeira existente na Fraga Cal de Outeiro xunto cos muíños recuperados. Imprescindible contemplar as vistas da Ría de Vigo dende o Castro do Alto da Medoña, onde xa no s. IX a.C había presenza humana.

KM: 3,1
DURACIÓN: 1,5 H
DIFICULTADE: baixa

Máis sobre os montes e sendeiros de Vigo.