Oito recomendacións de Librouro para celebrar o Día das Librarías
O día 13 de novembro é a data elixida polo gremio dos libreiros para celebrar o seu día, unha efeméride nada para reivindicar a importancia da lectura (e dos propios establecementos nesta labor) e festexar esta enriquecedora afección con coloquios, exposicións, encontros e descontos. Por desgraza, este 2020 non se poderán levar a cabo todas as actividades que os libreiros gustarían, nun ano especialmente complicado para o sector, que viu mermadas as súas vendas nun 22% por mor da pandemia, segundo a CEGAL.
Pese as dificultades para reunirnos, en Vigo de temos varias iniciativas en marcha relacionadas co Días das Librarías. Aida Books está recollendo pesetas con fins solidarios; todostuslibros.com aproveita a efeméride para poñer en marcha unha plataforma de venda online de libros desde os negocios de toda a vida; e todas as librarías da cidade ofrecen un 5% de desconto no seu catálogo durante o día de hoxe.
Para elixir eses títulos imprescindibles que colocar nos nosos estantes e nas nosas vidas este ano, botamos man de expertos na materia e preguntamos a Librouro, desde onde nos aconsellaron estas oito novelas, ensaios e cómics para todos os gustos:
1. Un libro que nos faga rir: Calypso, de David Sedaris
2. Un libro para ler durante as vacacións: El infinito en el junco. La invención de los libros en el mundo antiguo, de Irene Vallejo
3. Un libro para aprender algo novo: Galicia contada aos non galeguistas, de Manuel Veiga
4. Un libro para ler no tren o autobús: El tiempo suficiente, de Amara Costas
5. Un libro que sorprenda polo deseño: El pacto del letargo, de Miguelanxo Prado
6. Unha novela viguesa/galega: VICUS, de Beto Luaces (Edicións Bolanda)
7. Un libro para amantes da cociña: Velocidad cuchara, de Rosa Ardá
8. Un libro para amantes da natureza: Canto yo y la montaña baila, de Irene Sola