CAMELIAS MASCOTAS

As últimas series de Leticia Dolera e Marianico el corto a debate no Festival de Cine Inclusivo

Ademais das 28 proxeccións programadas para a V edicióndo Festival de Cine Inclusivo de Vigo, o evento inclúe tres actividades paralelas que, ao igual que o resto do festival, pretenden crear conciencia sobre a inclusión no seu aspecto máis amplo. Vida Perfecta de Leticia Dolera e El último show de Marianico el corto protagonizarán dúas destas actividades.

Manuel Burque, guionista e actor na serie Vida Perfecta creada por Leticia Dolera, será o encargado de guiar o webinar ‘Vida perfecta e como rachar moldes’ da sección Coñece! do festival, dirixida a escolas. A serie acadou dous premios en CANNESERIES no ano 2019, á mellor serie e á mellor interpretación feminina que recaeu nas tres protagonistas: a viguesa Celia Freijeiro, Aixa Villagrán e a propia Leticia Dolera. Tamén resultou gañadora de dous Premios Feroz 2020 nas categorías de Mellor serie comedia e Mellor actor de reparto, para o actor Enric Auquer. A actividade poderá seguirse de xeito online, nunha data e hora aínda por desevelar.

REVISTA NOVEMBRO

O sábado 17, ás 12.00 da mañá, tamén de forma telemática, terá lugar a Charla con AGAG (Asociación Galega de Guionistas). Baixo o título El último show e a representación da terceira idade na ficción’. A serie El último show foi premiada no prestixioso Festival de Televisión de Vitoria-Gasteiz, onde foi cualificada polo xurado como “moderna e estimulante”. Na charla intervirán profesionais do sector audiovisual ligados a esta serie como son: Alex Rodríguez (creador desta serie e director de La casa de papel); Miguel Ángel Tirado, máis coñecido como Marianico el corto (actor); Luisa Gavasa (actriz); Sara Alquézar e Enrique Lojo (guionistas).

O mesmo día pero ás 16.00 horas, terá lugar a única actividade paralela presencial do festival, o Café con CREA (Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización). Os directores Noemí Chantada (‘La mujer invisible) e Alex Cancelo (‘Aysha) participarán no coloquio ‘A responsabilidade dos creadores coa realidade’.

As proxeccións e actividades presenciais do V edición do Festival de Cine Inclusivo de Vigo volverá celebrase no Auditorio do Concello e nos cines Salesianos entre o 13 e o 17 de outubro.