CAMELIAS MASCOTAS

O 4º Concurso Internacional de Piano trasládase á rede

Debido ás restriccións para viaxar provocadas pola crise sanitaria, a organización do Concurso de Piano Cidade de Vigo decidiu que realizará a súa 4ª edición de maneira online do 15 ao 19 de outubro. Haberá un centenar de participantes duns 50 países e poderá seguirse en streaming.

REVISTA NOVEMBRO

Do 15 ao 19 de outubro celebrarase a 4ª edición do Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo, aínda que esta vez o formato será diferente. As restriccións provocadas pola covid19, especialmente no tocante ás viaxes internacionais, fan que a única maneira de sacar o evento adiante sexa a través da rede. Desta forma, o prestixioso concurso poderá seguirse en streaming a través de plataformas como YouTube e Facebook.

A pesar de que este ano non visitarán a cidade numerosos e talentosos pianistas, a visibilidade de Vigo a través da rede será aínda maior, chegando a uns 150 países, segundo afirma o director artístico do certame, Pablo Galdo. A pesar do estraño das circunstancias, o volume de participación foi un éxito: case 300 propostas duns 50 países, das que finalmente foron escollidas un centenar.

Polo tanto, participantes e xurado realizarán as súas correspondentes labores desde os seus países de residencia, xa que no caso de ser presencial case o 75% non podería acudir a Vigo. Este concurso está promovido pola asociación de música clásica de Galicia en colaboración co Concello de Vigo, entre outros.