VIALIA
bannerPicnicSesions

O III Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo acolle a 100 participantes de 53 países diferentes

A cidade acolle a pianistas de máis de 53 países diferentes no III Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo. Logo de que o xurado, presidido pola pianista Marta Argerich, realizara unha preselección entre os 381 inscritos e inscritas, serán 100 os participantes desta nova edición.  Uns participantes que, ademais de atesourar recoñecemento profesional, acumulan no seu palmarés arredor de 2000 premios. Este dato, xunto co número de inscricións recibidas, que duplican as da edición anterior, consolida o prestixio deste evento, tal e como indica o director artístico deste concurso, Pablo Galdo.

Unha imaxe da edición pasada.

Os sons dos golpes de martelo deste instrumento comezarán a soar na cidade olívica o luns 15 de abril no concerto inaugural que ofrece os tres gañadores da pasada edición. A primeira fase do concurso, que se desenvolverá no auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo,  comeza o martes 16 e remata o venres 19 coa semifinal. No último día desta terceira edición, o sábado 20, os 5 finalistas ofrecen un recital dunha duración aproximada de 30 minutos no Auditorio do Concello de Vigo co fin de pórlle nome e apelidos aos diferentes premios.

REVISTA ABRIL

O director artístico, Pablo Galdo, sinala a importancia da variedade de premios e mencións especiais que outorga este concurso internacional de piano xa que, ademais de galardoar os tres primeiros postos, concede outros recoñecementos como, por exemplo, o Premio Rosalía de Castro ao mellor intérprete dunha obra dunha muller compositora. Unha aposta, explica Galdo, pola igualdade entre homes e mulleres neste eido musical.

O xurado que se encarga de nomear estes premios está presidido pola recoñecida pianista Martha Argerich, acompañada doutros membros do xurado de igual prestixio e calidade musical como Sergio Tiempo, Nelson Freire ou Tamás Vásáry.

Este concurso está promovido pola asociación de música clásica de Galicia en colaboración co Concello de Vigo, entre outros. O concelleiro de cultura da cidade, Cayetano Rodríguez, celebra a elección de Vigo como o escenario deste concurso xa que, deste xeito, “as e os vigueses terán unha cidade mellor a través da música”.

(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax

(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax

(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax

(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax