Novo abono para o Festival Terraceo: Love of Lesbian + Alejo Stivel e Amaro Ferreiro
Os abonos sorpresa que lanza hoxe o Festival TerraCeo permitirán asisitir a un dos dous concertos dos integrantes de Love of Lesbian (29 de xullo e 1 de agosto) e á noite na que chegan á terraza Alejo Stivel, a voz de Tequila, e o músico e compositor vigués Amaro Ferreiro (7 de agosto).
O Festival TerraCeo segue a lanzar novos abonos que agrupar diferentes concertos, neste caso os dos membros de Love of Lesbian e o de Alejo Stivel e Amaro Ferreiro. O primeiro conta con dúas datas a escoller, o mércores 29 de xullo e o sábado 1 de agosto, mentres que o segundo será o venres 7 de agosto.
O prezo do abono será de 40€, o que supón unha rebaixa de 10€ se a compra fose individual. Sairán á venda este martes ás 14:00 en Ataquilla, o que suporá a última oportunidade para ver en directo coas Cíes de fondo a Santi Balmes, Juli Saldarriaga y Dani Ferrer, un dos concertos máis demandados do verán.
Así queda a programación do festival polo de agora:
Xullo:
- Mércores 29: Santi Balmes, Julián Saldarriaga e Dani Ferrer
- Xoves 30: Coque Malla
- Venres 31: Álex Ubago
Agosto:
- Sábado 1: Santi Balmes, Julián Saldarriaga e Dani Ferrer
- Domingo 2: Don Patricio
- Mércores 5: JJ Vaquero
- Xoves 6: Mikel Erentxun
- Venres 7: Alejo Stivel e Amaro Ferreiro
- Sábado 8: Uxía, Antonio Zambujo e Javier Ruibal
- Domingo 9: Moncho Borrajo
- Xoves 13: David Suárez
- Venres 14: Kiko Veneno
- Sábado 15: Carlos Sadness
- Domingo 16: Carlos Sadness
- Sábado 22: Marlango
- Xoves 27: Recycled J e Kimberly
- Venres 28: Miss Cafeína
- Sábado 29: Rodrigo Cuevas