Mahou axudará a hostelería con cervexa e auga gratuíta
Para axudar ao sector da hostalaría Mahou San Miguel suministrará cervexa e auga das súas marcas aos seus clientes hostaleiros cando poidan volver a abrir as súas portas, co obxectivo de axudarlles a recuperar a normalidade asumindo o mínimo de custes posibles.
Mahou San Miguel puxo en marcha un plan global de apoio á Hostalería que ten como obxectivo axudar á recuperación dos negocios dos seus clientes de toda a xeografía nacional unha vez finalice a situación de peche á que obrigou a crise actual. No marco deste plan, ademais da reposición dos barrís e os tanques que quedaron abertos e instalados sen terminar durante o confinamento, a compañía apoiaralles coa entrega adicional de cervexa das súas marcas Mahou, San Miguel e Alhambra e da súa auga mineral natural Solán de Cabras, en formatos retornables.
Esta achega extraordinaria de produto supoñerá para os hostaleiros unha facturación estimada de máis 75 millóns de euros. Con esta iniciativa, Mahou San Miguel quere contribuír a paliar o impacto económico que as medidas para frear a pandemia causaron en bares e restaurantes, proporcionándolles mercadoría para que poidan iniciar a súa actividade con menores custos. Así, de forma xeral, entregará aos seus clientes dous barrís de cervexa por cada billa e o equivalente ao consumo medio aproximado de toda unha semana en botellas retornables tanto de cervexa como de auga mineral natural.
A Canle de Hostalería representa a maioría das vendas de cervexa en España, polo que o peche de bares e restaurantes tamén ten un impacto moi severo no sector cervexeiro, moi ligado ao encontro social. A pesar de que o negocio de Mahou San Miguel está a resentirse considerablemente con esta situación, a cervexeira decidiu reenfocar os seus recursos a este plan de apoio global á Hostalería, reconducindo a este fin importantes investimentos e accións que tiña previstas este ano para outros proxectos.