Afundación lanza unha plataforma con máis de 300 recursos educativos e culturais
Afundación en casa é a proposta de Afundación para o tempo de confinamento. No seu afán de continuar coa súa actividade aínda que sexa na distancia lanzan esta plataforma composta por máis de 300 recursos educativos, sociais e culturais. Ademais dunha serie de actividades en directo.
Un portal web de acceso libre e gratuíto, iso é Afundación en casa, creado a instancias de ABANCA e a súa Obra Social, no que se verte, durante esta etapa, toda a actividade que o equipo de Afundación continúa planificando e desenvolvendo desde os seus domicilios.
Na actualidade o portal conta xa con máis de 300 recursos con propostas para os pequenos da casa, actividades para facer en familia, fondos académicos, coleccións pictóricas, unha extensa bibliografía, materiais para docentes e un compendio de actividades e recursos para o público de máis de 60 anos.
Estes fondos se irán actualizando de forma diaria, pero ademais Afundación ten programada unha serie de emisións en directo con actividades de todo tipo. O pasado día 28, Día Internacional do teatro, subiron á plataforma a obra de Teatro dos Ghazafelhos para a infancia, “Rubicundo”, baseada no libro de María Canosa. Ao longo destes días foron subindo actividades de canto, contacontos, charlas… e irán anuciando outras moitas a través da propia páxina e das redes sociaies de Afundación.
O obxectivo desta iniciativa é acompañar á sociedade no súa deber de permanecer na casa, ofrecendo múltiples opcións mediante as que continuar formándose e crecendo dun xeito accesible e seguro.