REVISTA ABRIL

RTVE lanza Somos cine, un portal con máis de 60 películas españolas para ver gratis

Somos Cine albergará 60 dos mellores filmes españois recentes en aberto para todos os usuarios. Títulos como ‘Campeones’, ‘Julieta’, ‘El autor’ o ‘Nadie quiere la noche’ xa están dispoñibles neste portal dixital. Ao longo do mes de abril o catálogo irase ampliando.

‘Julieta’ de Pedro Almodóvar é un dos filmes que inclúe o catálogo.

Nas circunstancias provocadas pola crise do coronavirus, nas que a sociedade demanda máis contido dixital de entretemento, rtve.es/ somoscine ofrece películas en aberto para todos os gustos. Este portal recollerá algunhas das cintas galardoadas nos premios Goya como ‘Campeones’, ‘Tarde para la ira’ ou ‘ Truman’ e outras de directores consagrados, como ‘ Julieta’ de Pedro Almodóvar ou ‘Un día perfecto’, de Fernando León de Aranoa. Tamén películas cuxos actores foron premiados co Goya, como ‘El Olivo’, ‘A cambio de nada’ ou ‘Verano del 93’ e non faltarán algunhas das cintas de máis éxito comercial como ‘La llamada’, ‘1898: Los últimos de Filipinas’ ou ‘Verónica’.

Será un gran catálogo con películas de todos os xéneros: drama, comedia, romántico, thriller, películas históricas, de terror… para gozar en calquera momento, desde calquera dispositivo e gratuitamente e que se irá ampliando ao longo do mes de abril.

En redes sociais, organizaranse encontros en directo con directores e actores das películas dispoñibles en Somos cine para que os usuarios teñan a oportunidade de charlar con eles. O portal tamén recollerá toda a información sobre as últimas noticias do cinema participado por TVE: estreas, rodaxes, festivais, premios… e estreará os tráileres e as primeiras imaxes das películas que se vaian a estrear proximamente.

Películas de directores consagrados

Julieta de Pedro Almodóvar

El autor de Manuel Martín Cuenca

Un día perfecto de Fernando León de Aranoa

Nadie quiere la noche de Isabel Coixet

El olivo de Icíar Bollaín.

Éxitos de taquilla

Las brujas de Zugarramurdi de Álex de la Iglesia

Verónica de Paco Plaza

La llamada de Javier Calvo y Javier Ambrossi

1898: Lo últimos de Filipinas de Salvador Calvo

Comedias de culto

Requisitos para ser una persona normal de Leticia Dolera,

María y los demás de Nely Reguera

Gente en sitios de Juan Cavestany

Felices 140 de Gracia Querejeta.

Perlas indies

Magical Girl de Carlos Vermut

La novia de Paula Ortiz

La enfermedad del domingo de Ramón Salazar

Handia de Aitor Arregui y Jon Garaño

En clave latinoamericana

Una mujer fantástica de Sebatián Lelio

Relatos Salvajes de Damian Szifron

El Clan de Pablo Trapero

El ciudadano ilustre de Mariano Cohn

Mellores películas nos Goya

Campeones de Javier Fesser

Tarde para la ira de Raúl Arévalo

Blancanieves de Pablo Berger

Vivir es fácil con los ojos cerrados de David Trueba

Truman de Cesc Gay

Óperas primas

Verano del 93 de Carla Simón

REVISTA ABRIL

La herida de Fernando Franco

A cambio de nada de Daniel Guzmán

10.000 kilómetros de Carlos Marqués-Marcet