CAMELIAS MASCOTAS

A libraría AIDA Books&More cambia de localización e presenta programación cultural

A libraría solidaria AIDA Books&More estrea local na rúa Ecuador 45, onde ademais de vender libros de segunda man a prezos moi económicos, realizarán diferentes actividades culturais e de sensibilización. Xa coñecemos algunhas das que terán lugar ata maio.

Os libros de segunda man teñen unha segunda vida en AIDA Books&More, a librería solidaria que reabre as súas portas nun novo local a unhas poucas rúas do anterior. A partir desta semana, o número 45 da rúa Ecuador énchese de libros solidarios a prezos moi económicos para financiar, cos beneficios da súa venda, os proxectos humanitarios e de cooperación ao desenvolvemento da asociación AIDA.

Esta é a primeira rede de librerías solidarias en España e conta con establecementos, ademais de en Vigo, en Madrid, Valencia, Xerez, Barcelona, Santander, Segovia, Castelló, Albacete e Zaragoza, así como unha tenda online. Xa son máis de 400 voluntarios en 13 tendas que se encargan de administrar a librería, recibir as donacións, seleccionar e clasificar os libros, atender aos clientes e promocionar o proxecto.

REVISTA NOVEMBRO

Ademais de como lugar de compraventa de libros, AIDA ten preparada unha programación cultural para os próximos meses. A primeira actividade será unha charla coloquio o xoves 12 de marzo ás 19:00 baixo o título Érase una vez… La literatura infantil y juvenil inclusiva. Nesta sesión tratarase o tratameno das identidades de xénero na literatura dos distintos países europeos.

Para o seguinte acto teremos que esperar ata o 23 de abril, onde debatirase sobre o libro Dúbidas reais de adolescentes sobre o sexo, de Sabela Iglesias. Como o seu nome indica, esta charla-coloquio xirará en torno a necesidade de dar resposta a moitas cuestións relacionadas co sexo propias da adolescencia, froito das charlas formativas realizadas por unha xinecóloga en centros educativos.

Para rematar, o último sábado de cada mes haberá unha sesión de contacontos para nenos e nenas, con datas confirmadas o 27 de marzo e o 25 de abril. En maio será tamén a festa de inauguración do local, mais a data aínda está por confirmar.