CAMELIAS MASCOTAS

Pontellas vence nun concurso de rondallas de alto nivel

A rondalla de Pontellas alzouse co primeiro premio do tradicional concurso, que se celebrou onte no IFEVI. A segunda posición foi para Santa Eulalia de Mos e a terceira para Nosa Merced de Chain. Atios levou o galardón ao mellor conxunto de abandeirados.

Puntualmente ás 17.00 horas da xélida e soleada tarde de onte, os rondalleiros de Guizán inauguraban o terceiro Concurso de Rondallas organizado pola Xunta de Galicia no IFEVI. Charrascos, pandeiretas, castañolas e demais instrumentos entoaron durante 12 minutos tanto temas tradicionais como modernos ante a atenta mirada do público que abarrotaba as gradas do pavillón. A de Guizán foi a primeira dun total de trece actuacións que se prolongaron ata case ás 20.00 horas da tarde.

REVISTA NOVEMBRO

Como novidade, este ano foron cinco as rondallas premiadas en lugar de tres, e tamén cinco conxuntos de abandeirados. As primeiras posicións do palmarés non sorprenderon a ninguén. O podio debatíase entre as rondallas de Santa Eulalia de Mos e a da Sociedade Cultural de Pontellas, finalmente foi esta última a que se alzou coa primeira posición. Máis dúbidas había nas tres posicións restantes, pois o nivel das rondallas era moi alto este ano. O terceiro premio recaeu na rondalla Nosa Merced de Chain, o cuarto  na rondalla do Centro Cultural de Torroso e o quinto na do Centro Cultural de Herville. Os conxuntos de abandeirados, que encheron de cor o recinto coas súas coreografías, foron premiados no seguinte orden: Atios, Chain, Pontellas, Valadares e Beade.

Como xa é habitual as rondallas sorprenderon aos asistentes coas súas particulares intrepretacións de temas coñecidos por todos como Sweet child of mine tema co que entrou en pista a rondalla de Pontellas, Quero Josar dos Heredeiros soou nas gaitas e pandeiretas de Santa Eulalia de Mos e o eurovisivo tema La venda foi interpretado ata por tres rondallas diferentes.

Actuación completa da rondalla vencedora:

The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.