The Rapants e Sniff & Crash pechan o cartel do XXVI Revoltallo
O primeiro concurso de bandas do Revoltallo resolveuse este martes 19 de agosto cunha clara victoria dos muradáns The Rapants, con 788 votos do público. En segundo lugar, con 647 votos, o dúo local Sniff & Crash traerá o seu rock en galego na xornada do sábado. Desta forma péchase o cartel da XXVI edición do Revoltallo, que se celebrará os días 6, 7 e 8 de setembro.
O festival máis lonxevo de Vigo cumpre 26 anos ininterrumpidos de música emerxente. O Revoltallo naceu na década dos noventa dunha novedosa idea de incluir estilos tan diferenciados como o indie, techno e o hardcore, cun presuposto moi limitado pero defendendo ano tras ano o seu humilde cartaz ante os seus máis acérrimos seguidores.
Comezando polas novidades, este ano o festival sorprendeu co seu primeiro concurso de bandas, no que saíron vencedores The Rapants (con 788 votos) e Sniff & Crash (con 647). Desta forma, completarán o cartel do venres e do sábado, respectivamente.
Os primeiros son unha banda de indie garage surfista formada o verán de 2018 que está a facerse un oco en moitos dos festivais máis importantes do panorama galego, como demostra a súa actuación no escenario de Riazor no Festival Noroeste. O segundo é un grupo de rock en galego formado por Denis Carballás y Yago Ray Costas, con letras inspiradoras sobre choripanes, patacas, fanecas, esquíos ou capachos, e ademais, están a preparar o seu primeiro álbum de longa duración.
A programación arrinca o venres ás 21:00 horas cando o primeiro dos dous grupos elexidos polo público, The Rapants, abrirá o festival. Seguirá Collón de Lola, a banda tributo ao Xabarín club fará bailar a todos os que pertencemos á xeración xabarín. Xunto a eles, Liska! banda de Ska punk formada entre finais de 2010 e 2011 en Vigo, encherán o escenario de música do seu novo traballo República 2.0. para deixar paso ás dúas apostas emerxentes este ano Los jinetes del trópico, coa súa cumbia, reggaeton antimachista e punk tropical, activos con grande éxito desde 2015 e Lisdexia, que veñen desde Muros a presentar o seu punk rock en galego.
O sábado tocaralle inaugurar o escenario ao outro grupo escollido polo público no I concurso de bandas, Sniff & crash, e compartirán xornada con grupos xa consolidados do entorno das Rías Baixas: desde Bueu chegan The Skarnivals. Esta banda ska/punk/folk galega nada en 2012 que parte do proxecto Skakeo. Uns directos cargados de enerxía xunto cun estilo persoal e reivindicativo servironlles para iniciar o seu camiño dándolles o impulso necesario para comezar a editar os seus primeiros traballos. Colleitaron un enorme éxito ata ser referentes do ska galego xirando por toda a península.
O cartel complétano tres grupos locais: A polémica banda dos Bechuchos, de San Miguel de Oia, o grupo de rock punk vigués D’esmorga e Demencia Sonora, grupo da parroquia de Valadares afamado polas súas versións personalizadas de grandes temas do rock.
Na nova configuración deste festival hai espazo tamén para os máis cativos. A carballeira é o espazo destinado ás familias, que comeza a súa programación o venres ás 17:30 horas co pallaso Tururú e os malabares do seu alterego RenaRenato, un show divertido para toda a familia. É só unha pildoriña do que vai pasar o domingo, o día familiar. O mago Carlos Tomico fará as delicias dos cativos ás 17h. para dar paso a Zona en obras, o novo espectáculo cantacontos de Brais das Hortas. Cans palleiros que se converten en superstars, extraterrestres, osos tristes… acompañarán aos cativos desde as 18h. Os monicreques da Tribo das Concurbitas e as súas cabaciñas chegadas desde a Prehistoria, rematarán así o Revoltalliño deste ano. Tamén haberá diferentes obradoiros de percusión, dj, baixo, iniciación de efectos coa guitarra, música electrónica e canto.