VIALIA
CAMELIAS NADAL

Ortiga, High Paw e De Vacas encabezan o cartel do festival Revoltallo

O Revoltallo, o festival máis lonxevo de Vigo, celebra a súa XVII edición con dez concertos ao aire libre do 18 ao 20 de setembro en Valadares.

CAMELIAS NADAL

O festival de música emerxente Revoltallo regresa a Valadares os vindeiros 18, 19 e 20 de setembro, ofrecendo música segura cun protocolo específico contra a Covid-19 e proseguindo a súa aposta pola música en galego e actividades para toda a familia. A Xuntanza Xuvenil co apoio do Centro Cultural de Valadares déronlle unha volta ao plantexamento deste festival, que agora eríxese coma unha cita para toda a familia nos diferentes espazos que oferta ao redor das instalacións do Centro Veciñal e Cultural de Valladares, aínda que a música emerxente segue sendo o principal reclamo destas xornadas. 

Coa presenza de grandes intérpretes de música galega xa consolidados como Ortiga, High Paw, De Vacas, Margarida Mariño e Monoulious DOP, o Revoltallo tamén contará con propostas emerxentes e locais como La Chata Soul, Noar e Adrian Timms, entre outros. Os concertos terán lugar na Carballeira do Pedregal, un entorno privilexiado no que a natureza fusionase cos sons e as actividades cun aforo reducido de 350 persoas para garantir todas as medidas de seguridade e hixiene marcadas polas autoridades sanitarias.

O Revoltallo naceu na década dos noventa dunha novedosa idea de incluir estilos tan diferenciados como o indie, techno e o hardcore, cun presuposto moi limitado pero defendendo ano tras ano o seu humilde cartaz ante os seus máis acérrimos seguidores. Esta é a XVII edición ininterrumpida que aposta polos novos intérpretes galegos, consolidando o seu espazo como o festival que descubre aos novos intérpretes do futuro.