Los Punsetes e La Habitación Roja encabezan o Barbeira Season Fest en Baiona
O sábado 21 de setembro chega a Baiona o Barbeira SeaSon Fest, un festival que albergará desde música ata gastronomía na Praia da Barbeira. A pesar de ser un festival de só un día, estímase unha ampla acollida grazas á súa ubicación e aos cabeza de carteis do evento. La Habitación Roja e Cariño son algúns dos nomes que poden lerse xa na programación musical.
O Barbeira SeaSon Fest é un festival que se encontra dentro de ‘O teu Xacobeo’, un programa promovido pola Xunta de Galicia con motivo do Ano Xacobeo 2021. Ademais das actuacións de La Habitación Roja e Cariño, tamén poderemos gozar dun dos nomes máis recoñocidos no panorama actual do trap, Cecilio G xunto a Los Punsets e La Bienquerida. O cartel complétase coas actuacións de Boyanka Kostova, Axolotes Mexicanos e os galegos Zeltia Irevir e Thomas Dylan & Balea.
Ademais de ser un festival cultural, tamén é un festival de orixinalidade xa que a promotora do evento, Elemental Street, quiso arriscar e innovar coa planificación dos horarios. Polo que as mareas serán as que marquen as franxas horarias dos concertos e das actividades culturais que se realizarán. O contido destas últimas iranse coñecendo nos primeiros días do mes de setembro co motivo da presentación do festival.
As entradas xa están á venta en A Taquilla e Wegow e o prezo é de 16€. Aínda que se poderán mercar o propio día do festival en persoa, a organización recomenda collela de forma anticipada xa que o aforo é limitado. Se precisas de máis información podes entrar na seguinte ligazón.