CAMELIAS MASCOTAS

O Revoltallo organiza un concurso de bandas emerxentes

Este primeiro concurso de bandas do Revoltallo reforza así a aposta polos novos talentos musicais, dándolle a oportunidade de subirse a un escenario a defender, quizais por primeira vez, os seus temas. Dúas serán as bandas que actuarán o venres 6 e sábado 7 de setembro.

O veterano festival, que este ano cumpre XXVI edicións, contará con dous grupos noveles completando o seu cartel, que consta de nomes como The Skarnivals, Liska, Collón de Lola, Los Jinetes del Trópico, D’Esmorga ou A Polémica Banda dos Bechuchos. O Revoltallo de música e cultura emerxente terá lugar os días 6, 7 e 8 de setembro, proseguindo a aposta pola música en galego e actividades para toda a familia en tres xornadas cheas de diversión.

REVISTA NOVEMBRO

Que facer para participar no concurso? Tes que enviar un vídeo orixinal, podendo participar tanto grupos coma solistas que non teñan un contrato en vigor con ningunha discográfica. Calquer xénero musical é axeitado para participar, admitindo só temas en formato dixital para a súa reproducción directa. Estes vídeos poden enviarse ás contas de Instagram ou Facebook do festival ou vía email no radiovalladares@valladares.tv ata o xoves 8 de agosto ás 23:59h.

A organización seleccionará ás cinco bandas finalistas que se farán públicas o día 13 de agosto e dará comezo a segunda fase do concurso, a votación popular. Aquelas dúas bandas que máis reaccións positivas acumulen no seu vídeo ata o 19 de agosto, formarán parte do XXVI Revoltallo de música e cultura emerxente. Cada banda ou artista seleccionado contará cun premio de 200 euros.

Os concertos, núcleo central do Revoltallo, terán lugar na Carballeira do Pedregal, no Centro Veciñal e Cultural de Valladares, un entorno privilexiado no que a natureza fusionase co talento neste primeiro fin de semana de setembro. A entrada, coma sempre, será de balde.

(GMT+01:00) CVC Valladares