CAMELIAS MASCOTAS

Juanra Bonet e David Fernández decláranse fans do dinoseto

Entrevistamos aos humoristas Juanra Bonet e David Fernández que presentan este sábado no Teatro García Barbón o seu espectáculo ‘Dos’. A piques de colgar o cartel de entradas esgotadas, confésannos que lle teñen moitas ganas ao público vigués e dannos algunha pista sobre a función.

Defínenvos como a nova parella cómica de referencia deste país.
David: Ah si? (risas)
Juanra: Ata referencia si. Unha parella cómica somos, si. A parella que formamos David e eu é nova, si. De referencia… ben hai moitas referencias. Non todas teñen que ser excelentes. Hai referencias que se empregan para ben, referencias que se empregan para saber o que non hai que facer… Así que ben, si é unha nova parella cómica de referencia pero non se específica que esa referencia é para procurar a excelencia… diría que é correcto.

David, como é ter a Juanra por parella?
É marabilloso estar con el, pásoo bomba.

Juanra, como é ter a David por parella?
Eu síntome un privilexiado, para min David é un dos cómicos máis divertidos que hai este país. O meu papel é practicamente que el brille todo o tempo. Síntome moi afortunado e pártome de risa xunto a el.

O título da vosa obra é ‘Dos’, moi… digamos orixinal?
(Risas)
D: Si, sen máis. Porque somos dous.
J: Sabes cando te pos a procurar títulos que teñan chispa e que a vez digan algo da obra? Pois, non nos gustaba nada. E ao final optamos por algo que non funcionou, que era explicar nun momento que o noso show non era de monólogos nin eran actuacións unipersoais, porque estamos todo o tempo facendo sketchs os dous. Pero, está claro que non funcionou porque todo o mundo nos pregunta a mesma cousa.

Como vos coñecestes?
D: Coñecémonos en La Cubana, nunha serie que se chamaba ‘Me lo dijo Pérez’. Estreamos o mesmo día que se estreou ‘7 vidas’, e nos ao ver ‘7 vidas’ pensamos estes nunha semana non se comen un torrao e nada… eles duraron 7 anos e nós… catro programas.
J: Si, nos coñecemos entre perrucas, bigotes, zapatos de tacón… De seguida houbo química entre nos os dous. No segundo show que fixemos para La Cubana xa nos tocou facer de parella de seguratas e é así como comezamos o show deste sábado.

“Interpretamos diferentes personaxes. De feito podo dicir, que David e eu non saímos na obra”

Leo no dossier da obra: Dous vixiantes, unha compañía de teatro infantil, cómicos espontáneos, o director máis a súa muller… todos eles actuarán na obra. Pero, non erades dous?
J: En escena ao mesmo tempo como moito somos dous, porque non hai máis actores (ri). Pero gústanos tanto disfrazarnos que facemos diferentes personaxes. De feito podo dicir sen temor a errar, que David e eu non saímos na obra.

E… haberá romance?
(Risas)
D: Sii.. hai algún pico no escenario, non te vou dicir entre quen, pero vamos somos dous.

Tedes algún humorista de referencia?
J: Monty Python, especialmente John Cleese, Javier Cansado, Lui, hai cousas dos Morancos que namóranme. Por sorte a comedia gústame toda, a máis elaborada, a máis sinxela…
D: Monty Python, Jose Corvacho, Secun de la Rosa (que están aquí ao meu carón). Algún político tamén.

Juanra, como te coñecen pola rúa como ou chico do Caiga quien Caiga ou o do Boom?
Agora o do Boom. Chámanme ‘el bombitas’. Cando vou ao aeroporto pasar o control sempre fan algunha gracia con a bomba.

REVISTA NOVEMBRO

E a ti David, Gilipollas ou Chiquilicuatre?
Chiquilicuatre deume a fama. O que pasa é que a xente transforma o nome ao gusto, el del meneíto, el chiquilicutre…

David, esta semana saíu escollida a canción que representará a España en Eurovisión. Que te parece?
D: Paréceme moi eurovisiva. É dicir, moi eurovisiva… con todo o que comporta.

“Aconsello a Alfred e Amaia que aproveiten ben o catering eurovisivo”

Que consello lle darías a Alfred e Amaia?
D: O meu principal consello é que aproveiten o catering que acostuma ser moi bo… ademais en Portugal cómese xenial.

 

ROLDA RÁPIDA
El Gran Wyoming ou Buenafuente?

J: Pois o que estea en Atresmedia agora
D: Buenafuente, claro
Pasapalabra ou el Boom?
J: Boom, non? Si claro, non?
D: El Boom, por suposto.
Rosa de España ou el Chiquilicuatre?
J: Chiquiliquatre, claro
D: Non vou botar pedras no meu Tellado… Chiquilicuatre.
Rajoy ou Puigdemont?
J: Agora si que vou dicir pasapalabra.
D: O deixo en branco.
Dígovos Vigo e que vos vén a testa?
D: O show deste sábado.
J: Cheiro a mar, beleza, ceo azul… nunha palabra: Dinoseto!
Illas Cies ou Dinoseto?
J: Dinoseto! Xa teño a miña foto con el, pero non puxera o ovo aínda. Estiven nas Cíes e parecéronme fermosísimas pero recordo que ao sol abrasábame e no mar conxelábame. Non existía a zona de confort. Estaba debaixo da parasol tiritando-sudando.
D: En todas as cidades de España debería haber un dinoseto. É o único antepasado do que non herdamos nada malo. Ademais eu sempre penso nos dinosaurios de moi bo grado porque penso nas barbacoas que nos temos perdido

 

The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.