VIALIA
bannerPicnicSesions

O Dinoseto volve a ser a imaxe do Galician Freaky Film Festival

Xa coñecemos máis información sobre a primeira edición do Galician Freaky Film Festival, que este ano terá lugar do 25 ao 27 de outubro na Sala Videodrome (Mercado do Progreso). Hoxe presentouse o cartel do festival, que volta a ter ao Dinoseto como protagonista, ao igual que na Edición #0.

Esta tarde, aos pés do Dinoseto, presentouse o novo cartel do GFFF, con ilustración de Paulo Mosca e deseño de María Llauger. De novo, o famoso seto vigués preside o cartaz, que nesta edición é derrotado por una guerreira en plena ponte de Rande. Unha imaxe moi poderosa, que segue a estética da do ano anterior e representa á perfección a filosofía do evento. Na presentación estiveron presentes o director do festival Juan de Castro e outros membros da Asociación Cultural Recanto Producións, organizadora destas xornadas de cine e frikismo.

REVISTA ABRIL

O Galician Freaky Film Festival é un certame de cinema e cultura freak de orixe galega
que terá lugar o 25, 26 e 27 de outubro. Dado o éxito da súa Edición #0, este ano repite, mais noutra estación do ano. Esta vez o festival terá lugar nunhas datas moi achegadas a Halloween, unha celebración moi acorde ao terror de serie B que defenden desde o GFFF.

Coas inscricións de material xa pechadas, o festival recibiu máis de 100 pezas de lugares como Irán, Gran Bretaña ou Suíza. Doutra banda e como novidade, se premiarán ás mellores pezas audiovisuais mediante o voto popular e haberá unha categoría especial para aquelas microcurtas gravadas co móbil.

O certame está a traballar tamén nas actividades paralelas que se levarán a cabo no mes
de setembro e outubro para que Vigo sexa un ano máis a capital do mundo friki e o
festival se consolide como un novo referente cultural dentro da cidade. Ademais de cinema, no GFFF atoparemos charlas, exposicións, concertos e moito gamberrismo!