CAMELIAS MASCOTAS

Estrella Iglesias (Aurora)

Estrella Iglesias é Aurora | Pablo V.

Quen é Aurora na Reconquista de Vigo?

Aurora é unha verduleira típica que está no mercado e que leva unha vida como calquera muller daquela época. Rebélase contra as inxustizas dos franceses e toma moitas veces a xustiza pola man cando en moitos casos violan ás mulleres, entre outras cousas. Aurora se rebela porque, no mercado, os franceses rouban e ela ataca a un mando superior do exército e é cando a levan présa.

Arenga ao pobo para que se mobilice. Esa é Aurora.

Realmente, non existiu como tal Aurora pero si houbo mulleres cun papel relevante neste período da historia da cidade, non?

En todas as épocas, houbo mulleres que loitaron pero que foi tapado polo patriarcado. Aurora é ficticio pero que abarca todas as mulleres da vila. Tanto Aurora como Manuela, que arengaron a xente para botar aos franceses.

Mirando dende lonxe, tamén podo dicir que foi cambiar os ilustrados, por así dicilo, polos clérigos, ou sexa que foi un paso atrás, pero naquela época quen mandaba era a igrexa, claro.

Unha aposta pola iguladade neste eido, sen dúbida

Si, claro. Recae sobre ela a responsabilidade de que a xente empece a ter conciencia do que está a pasar e se mobilice. As “auroras” daquel tempo tiveron que ser mulleres con moitas “agallas”.

Que supón representar a un personaxe con esta implicación?

Un orgullo! Cando mo propuxeron, primeiro, deume un pouco de medo. É a Reconquista! Eu soamente fixera a nivel amateur… Un pouco de responsabilidade, tamén, e actuar así nunha festa na que ademais se quere por como interese turístico…

Pero si que é un orgullo, e máis no momento feminista que estamos a vivir… Porque non teño un mantón lila, que se non!

É a primeira vez que participas?

REVISTA NOVEMBRO

Antes facía de gaiteira, que é outro terreo no que temos que gañar as mulleres. Antes era considerado como “indecoroso” e máis nunha festa. Entón, pois tamén é un orgullo cando toco a gaita.

Canto tempo levades ensaiando?

Dende o mes de xaneiro. E ata que sexa o gran día non vemos como queda a obra por completo porque a ensaiamos por partes. Esperamos que saia ben, pero, sobre todo, que a xente disfrute.

The following two tabs change content below.

Eva M. Porto

Dende que a súa nai e o seu pai lle regalaron o libro dos por ques, decidiu que sería a nena que buscaría sempre os porqués. Estudou o Grao en estudos do galego e do español na Universidade de Vigo e no 2016 comezou o Grao de Periodismo na Universidade Europea Miguel de Cervantes. Aprendou o “oficio máis bonito do mundo” en Radio Vigo, Diario de Pontevedra e Onda Cero Ourense. Protestando dende 1993.