José Manuel Veiga (Carolo)
Quen é Carolo na Reconquista?
Era un mariñeiro que andaba aquí polo Berbés e, como todos os mariñeiros, cando teñen un vasiño de máis pois envalentónanse e bótanse aos franceses e a quen sexa.
Carolo andaba por aquí a ver o que pasaba: Roubos, abusos… E cando o pobo empezou a revelarse, ese día colleu a machada e dixo “isto ábroo eu” e así lle foi, claro, que foi un dos primeiros en morrer.
É a primeria vez que fai de Carolo?
Eu, en anos anteriores, facía dun dos que morría na taberna e fai un par de anos cambiáronme para Carolo. É un orgullo e unha satisfacción facer dese persoeiro e estar aí dando todo para liberar a Vigo… sentes a forza que está detrás túa para abrir a porta e loitar por Vigo.
Aínda que din que, realmente, quen derribaron a porta foron as mulleres viguesas, non?
Si porque Carolo foi de “machote” e al final o que gañou foi un par de tiros e non conseguiu nada. O Cachamuíña tampouco conseguiu moito, e ao final, as mulleres foron as que empurraron.
Eva M. Porto
Últimos posts de Eva M. Porto (ver todos)
- Pablo Rodríguez: «En Madrid vendeuse máis en galego que en castelán» - 11 Maio, 2020
- Ana Fontenla: «Hai moita calidade na literatura galega, creo que é unha bomba que vai estoupar» - 11 Maio, 2020
- Mónica Bernández e Miguel Lima: «O galego fai barrio e o barrio fai galegofalantes» - 11 Maio, 2020
- Miss Toxo, 50% haterismo e 50% feminismo - 16 Maio, 2019
- Coruxo Móvese pola inclusión - 7 Maio, 2019