CAMELIAS MASCOTAS

Sorteamos dúas entradas entre os nosos seguidores

Queres ver o show de Luis Piedrahita Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas no Teatro Afundación o 22 de marzo? É tan fácil como ser seguidor de @amovidavigo en Instagram e dar ‘Me gusta’ á nosa publicación

Queremos agradecer aos nosos seguidores de Instagram a súa fidelidade e vamos regalar dúas entradas para ir a ver a Luis Piedrahita o próximo venres 22 de marzo.

SOBRE O SHOW As amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas

É vostede deses que len a recensión dun espectáculo antes de ir velo? Agora non diga que non, porque lle pillamos infraganti. Está vostede de parabén.

As amígdalas das miñas amígdalas son as miñas amígdalas é un show de Luís Piedrahita pensado para xente como vostede. Xente esixente, aseada e con sentido do humor.

Somos tan modestos que preferimos falar ben de vostede antes que do noso show. Aínda así, non queremos ocultar que deste espectáculo díxose que é unha das obras máis enxeñosas, brillantes e poéticas do século XXI.

O que si queremos ocultar é que foi o propio Piedrahita  quen o dixo

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

REVISTA NOVEMBRO
  • Ser seguidor de @amovidavigo en Instagram.
  • Dar ‘Me gusta’ á publicación do noso muro.
  • Mencionar ao amigo/a que levarás de acompañante.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos. Cada persoa só poderá participar unha vez.

Gañador/a:
O gañador ou gañadora será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con eles mediante mensaxe directo de Instagram; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

O premio:
Dúas entradas para ver o show de Luis Piedrahita Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas no Teatro Afundación o 22 de marzo ás 21.00 horas.
A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.