‘La 21’, o Medio Maratón de Vigo, renova o seu percorrido
Hoxe coñecimos as novidades para a 21ª edición do medio maratón de Vigo, La 21. Un percorrido totalmente renovado no que o mar é o gran protagonista e una nova data de saída: o domingo 7 de xullo ás 9:21.
A organización abriu esta mañá o período de inscrición, que terá un custo de 15 € ata o 22 de abril. A apertura do prazo veu acompañada do anuncio doutras novidades que prometen mellorar o único medio maratón que transcorre polo centro da cidade.
O cambio máis importante é a modificación do percorrido, que se muda a avenidas máis anchas e agradables de percorrer, con moitos quilómetros seguindo a liña de costa. O punto de saída estará situado en O Vao e a meta na Alameda, polo que se trata dun único itinerario lineal (non circular) que só haberá que percorrer unha vez para completar os 21km. Contarase con avituallamientos durante o percorrido e ao final do mesmo, ademais de moitas sorpresas para todos os participantes.
Outra das grandes novidades será a adaptación a corredores menos expertos, ofrecendo alternativas para aficionados. Alén dos 21 km que corresponden á media maratón, poderá optarse por percorrer só 10 km ou por realizar os 21 por relevos, en equipos de dous ou catro corredores.
Para facer a inscrición, os corredores poderán ir presencialmente a Deportes Athletics (Avd. Balaidos 2) e Bikila Vigo (Avd. Castrelos 190), ou presentala de xeito online en www.laptime.es. Desde hoxe e ata o 21 de abril a cota será de 15€. A partir desa data, incrementarase en 5€. A inscrición inclúe camiseta, dorsal e medalla finisher para aqueles capaces de acabar o medio maratón dentro das 2 h e 16 minutos establecidas como tempo máximo.