VIALIA
CAMELIAS NADAL

O Medio Maratón de Vigo lanza unha edición virtual por etapas

A partir do 17 de novembro, e ata o 17 de decembro, poderase participar na 22ª edición do Medio Maratón de Vigo. A pesar de ser virtual, será unha carreira competitiva e para facilitar que todo tipo de corredores poidan participar pódese realizar en catro etapas, tres de 5 km e unha de 6 km. Ademais, cada inscrición transformarase nunha árbore que os propios participantes poderán plantar nos montes afectados nos incendios de 2017.

CAMELIAS NADAL

Non corren bos tempos para os eventos deportivos, pero os organizadores do Medio Maratón de Vigo seguen fieis ao seu compromiso de fomentar o deporte na nosa cidade. Por ese motivo, non renuncian a celebrar a 22ª edición desta carreira que xa é todo un emblema de Vigo. Os participantes teñen un mes para completar os 21 km da proba, que poderán facer de seguido ou dividila en catro etapas, tres de 5 km e unha de 6km. Haberá premios para os máis rápidos en cada unha das etapas e tamén para os que mellor tempo fagan no total dos 21 km.

Os organizadores do Medio Maratón de Vigo queren premiar aos seus fieis, de maneira que todas as persoas que se inscriban agora no Media Maratón de 2021, prevista para o 7 de novembro, recibirán un código para inscribirse gratuitamente nesta edición especial de 2020. Como sempre, na edición do próximo ano, os corredores poden participar de forma individual ou en equipos de substitucións de 2 ou 4 persoas. En caso de anotarse en grupo, todos os compoñentes do equipo recibirán o código para participar na edición deste ano gratis.

A pesar de todos os cambios, o Medio Maratón mantén tamén o seu compromiso social. Polo que cada inscrición na carreira transformarase nunha árbore que os propios participantes poderán plantar nos montes afectados na nosa cidade nos incendios de 2017. Podes inscribirte aquí nesta edición online, e aquí para a edición do ano que vén.