CAMELIAS MASCOTAS

Subscríbete á revista A Movida e participa no sorteo de 9 agasallos

Co 2019 chegan os novos propósitos e nos xa temos claro cal é o noso: consolidar A Movida como a axenda cultural de referencia en Vigo. A calidade dos contidos seguirá a ser unha das nosas principais preocupacións e seguiremos traballando para ofrecer unha revista útil e entretida. Pero para todo iso precisamos a túa axuda! Subscribíndote a revista A Movida estarás axudando a que consolidemos este proxecto, pero ademais estarás contribuíndo a un Vigo máis cultural. Se queres unha cidade máis viva, máis artística e en definitiva máis movida #faiteamovidalover e participarás no sorteo de 9 agasallos.

Para participar no sorteo só tes que subscritor da nosa revista. Para elo é tan sinxelo como encher este formulario. A partir dese momento todos os meses recibirás un exemplar de A Movida no teu domicilio e ademais, se o fas antes do 7 de xaneiro, participarás no sorteo destes 9 agasallos moi vigueses:

prazo para participar é ata o domingo 6 de xaneiro ás 12 da noite, o luns 7 coñeceremos o nome dos nove gañadores.

Este Nadal, que mellor que regalar (ou auto-regalarte) cultura en Vigo?

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

REVISTA NOVEMBRO
  • Ser subscritor da revista de A Movida. Se aínda non o es preme nesta ligazón.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o domingo 6 de decembro ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos. Cada persoa só poderá participar unha vez.

Gañador/a:
Os gañadores ou gañadoras serán elixidos mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con eles mediante o seu mail ou número de teléfono; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

Os premios (mencionados anteriormente):
A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.