CAMELIAS MASCOTAS

‘El gran viaje del plancton’, un cómic sobre a nosa diversidade mariña

Hoxe presentouse a versión en papel do cómic didáctico ‘El gran viaje del plancton’, unha iniciativa do CSIC protagonizada por tres especies mariñas dirixida a rapaces e rapazas de primaria.

‘El gran viaje del plancton’ é un cómic realizado coa axuda do Centro Superior de Investigaciones Científicas dentro do programa educativo Planeta Cíes, enmarcado na campaña Cíes Patrimonio da Humanidade.

O CSIC seleccionou 10 proxectos a nivel nacional, sendo esta historieta sobre os habitantes mariños da nosa ría un deles. Ao ser unha iniciativa a nivel estatal, o cómic está en castelán, pero esperan que nos próximos meses os textos sexan traducidos a outros idiomas como o galego, o inglés ou o portugués.

REVISTA NOVEMBRO

Esta banda deseñada está dirixida a rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria, e se lles repartirá un exemplar físico nas súas escolas.  O cómic pode atoparse online nun pdf descargable e gratuito neste enlace.

Ao longo destas trece páxinas, ilustradas e coloreadas por Jesús E. Minguet, acompañaremos a tres especies mariñas desde o seu nacemento ata a súa madurez. Estes animais son un polbo e un rodaballo, que serán guiados por un plancton nunha travesía mariña na que aprenderemos de forma sinxela e moi visual moitas cousas sobre a nosa ría e as súas especies.

Algúns dos temas a tratar son a fotosíntese, a rede trófica, a presenza de baleas nas Rías Baixas, os microplásticos no mar, o krill, as columnas de auga, as bateas e os mexillóns e algunhas curiosidades sobre o plancton, o polbo e o rodaballo.