CAMELIAS MASCOTAS

O Concurso de Corda reunirá a máis de 60 promesas de toda a península

Este venres 30 comeza o VII Concurso de Violín, Viola, Violonchelo e Contrabaixo Cidade de Vigo cun concerto gratuíto no Teatro García Barbón cos gañadores da edición anterior. Rematará o domingo 2 de decembro cun concerto cos vencedores deste ano.

Vigo continúa a ser referencia autonómica en moitas cousas, neste caso en instrumentos de corda. A Asociación Galega de Instrumentos de Corda (AGIC) organiza por sétimo ano este Concurso de Violín, Viola, Violonchelo e Contrabaixo, sendo este último instrumento unha das novidades desta edición. Celebrarase do venres 30 de novembro ao domingo 2 de decembro, transcurrindo todas as probas no Conservatorio Superior de Música.

REVISTA NOVEMBRO

O evento comezará o venres ás 20:30 no Teatro García Barbón, aberto gratuitamente ao público, no que os gañadores e gañadoras da edición de 2017 (Sara León á viola, Martin Vlashi ao violonchelo e Matilda Pinto ao violín) interpretarán as súas obras acompañados pola Orquestra Sinfónica do Conservatorio de Vigo baixo a batuta de Javier Viceiro-Filgueira. O broche final o porá a galega Raquel Arenal, gañadora de anteriores edicións e actualmente becada na Escola Superior de Música Reina Sofía.

Este concurso, que reúne a máis de 60 rapaces e rapazas de entre 6 e 22 anos de toda a península, é un punto de encontro de músicos no que se fomenta a aprendizaxe e a amizade entre os participantes nun clima moi familiar. Un concurso que non deixa de medrar ano a ano, sendo na actualidade unha referencia a nivel peninsular.

O domingo día 2, ás 19:15 no Auditorio Martín Códax, celebrarase a entrega de premios e a gala final na que coñeceremos aos gañadores e gañadoras desta edición. Este acto tamén será de balde aberto ao público.

(GMT+01:00) Teatro Afundación


(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax