REVISTA ABRIL

O Concurso de Corda Cidade de Vigo celebra o seu X aniversario con récord de inscritos

Entre o 3 e o 6 de decembro o Conservatorio Superior de Música acollerá a X edición do Concurso de Corda Cidade de Vigo, un concurso para estudantes de violín, viola, violoncelo e contrabaixo de España e Portugal que retoma a presencialidade, despois de celebrarse online o ano pasado.

REVISTA ABRIL

A X edición do Concurso de Corda Cidade de Vigo, organizado pola Asociación Galega de Instrumentos de Corda – AGIC
volve á presencialidade con con récord de participantes. O concurso celébrase os días 3, 4, 5 e 6 no Conservatorio Superior de Música de Vigo, é aberto ao público e tamén poderá seguirse a través de Facebook Live. O último día, celébrase o Concerto de Gañadores, tamén aberto ao público.

Nesta edición inscribíronse 76 músicos de corda, estudantes matriculados en España e Portugal nas catro modalidades: violín, violoncelo, viola e contrabaixo, o número de participantes máis alto da historia do certame. Nesta ocasión, os mozos músicos proceden de 24 provincias toda España e tamén de varios puntos de Portugal como Lisboa ou Sintra.

O Xurado deste X Concurso de Corda Cidade de Vigo está presidido por Maximino Zumalave, fundador e director asociado Filharmonia de Galicia, e formado por Enrique Iglesias Precedo, responsable da orquestra de nenos Sinfónica de Galicia; Marta Vélez, profesora de Violín e Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo; Leonardo Blanco, profesor de violín no Conservatorio Profesional de Música de Vigo; Miguel Rocha, profesor de violoncelo na ESART Lisboa; Antonio Pereira, profesor de viola na Universidade de Aveiro Portugal; Juan Carlos Villar, profesor de contrabaixo no CSM de Vigo; Belén Ferreiro Pérez, profesora de viola no Conservatorio Profesional de Vigo e Fernando Areas Villarroel, profesor de violoncelo no Conservatorio Profesional de Vigo.