Fin de semana en clave de tango
Esta fin de semana celébrase en Vigo o X Encontro de Tango en Galicia. Tanto os expertos tangueiros, os afeccionados, como aqueles que queren facer os seus primeiros pinitos no baile arxentino teñen unha oportunidade excelente nestas xornadas.
Chega un ano máis a Vigo o Encontro de Tango de Galicia. Durante estas tres xornadas haberá ceas baile para os máis experimentados, milongas na rúa para todo aquel que queira participar, sexa cal sexa o seu nivel, e un espectáculo no que poderemos ver a grandes figuras do tango sobre o escenario.
O evento arranca a noite de venres cea baile no Real Club Náutico que se repite na noite do sábado. Tanto o sábado como o domingo ao mediodía os tangueiros fanse coa rúa. O sábado ás 12:00 do mediodía o punto de encontro é o Sireno e o domingo ás 12:30 na terraza de A Laxe. Todo aquel que queira pode achegarse e participar nesta actividade gratuíta.
O sábado pola tarde ten lugar un dos actos centrais do evento. O espectáculo de tango Arxentino que se celebrará no Auditorio de Teis a partir das 19:00 horas. Aínda que o acceso e de balde é necesario solicitar invitación no enderezo: Aqueles que se acheguen poderán gozar dos espectáculos a cargo de Libertango Trio agrupación formada por Juan Santomé, Guillermo Gagliardi, Juanma Ons y Cristian Villar; a Compañía del Conservatorio oficial Coppelia baixo a dirección de Rubén Ventoso Sanroman; o Grupo de danza Jazz da Escuela Allegro Danza coa dirección de Lidia Del Rio e a Compañía de Marinita y sus Maromas.
Xa sabes, se queres probar cun dos bailes máis pasionais do mundo esta fin de semana no tes escusa!