CAMELIAS MASCOTAS

Guía para darlle ao running no 2018

Despois dos excesos do Nadal chega o momento de depurar o corpo e pórse en forma. En Vigo contamos cun completo calendario de carreiras aptas tanto para deportistas afeccionados como consagrados. Deixámosvos un resumo das máis destacadas de 2018 para que comecedes a adestrarvos cun reto en mente.

Proba Trofeo El Corte Ingles Vigo +11 | Run Run Vigo

Os máis atrevidos xa baixaron os turróns participando na 12ª Subida ao Castro do pasado sábado. Unha proba que malia parecer alcanzable polo número de quilómetros, tan só 3, salva un forte desnivel: dende As Avenidas do Náutico ata o alto do Castro.

A finais deste mes ten lugar a I Carreira 5+5 Calvario, máis accesible para tódolos públicos. Aqueles que se están iniciando na arte do running poden optar por correr 5 Km, e os que xa teñen máis experiencia, poden facer 10. Tras varios anos sen organizala, os veciños do Calvario recuperan esta tradicional carreira para comezar o ano con forza.

Para os amantes de correr polo monte, chega a carreira popular Galiexpo Running que se celebrará nas inmediacións do IFEVI o 4 de febreiro coincidindo co gallo do primeiro Salón Bike & Running. Nesta proba que conta cun percorrido de 20% de asfalto e 80% de monte tamén se pode escoller entre facer 5 ou 10 Km. Tódolos participantes conseguirán dúas entradas para visitar os salóns Bike & Running e Galiexpo MotorShow.

A seguinte fin de semana o Concello de Vigo organiza unha das probas máis coloristas do ano, a IV Carreira do Entroido na que todos os corredores que participen disfrazados levarán con eles un obsequio especial.

En abril celébrase un dos acontecementos máis esperados polos deportistas de Vigo e a contorna: a XIX Vig-Bay. A media maratón servirá como posta de longo do circuíto de carreiras municipal Run Run Vigo. Un ano máis, os atletas que participen terán que salvar os 21 Km que separan a Vigo de Baiona pola costa.

Aqueles aos que o de correr lles saiba a pouco, teñen a oportunidade de participar na Bombeiros Race. Unha proba de obstáculos de 7 Km de lonxitude que se celebrará na ETEA o 15 de abril. Os corredores máis alegres, non poden perder a Happy Go Running, o vindeiro 22 de abril no Campus Universitario. Esta carreira tamén presenta dúas modalidades, de 5 ou de 10 Km; e aqueles que prefiran camiñar no canto de correr, poden participar nunha andaina de 10 Km polos montes que rodean á Universidade.

En maio a calor comeza apretar, un bo momento para escapar da cidade a praia. Podes facelo correndo coa 10 km Vigo-Samil que terá lugar o 20 de maio. Beade é terra de cereixas e maio é o mes da recolleita. Coincidindo coa Festa-Feira da Cereixa, que cada ano se celebra na parroquia viguesa, ten lugar a Carreira da Cereixa, un percorrido de 10 Km coa máis doce das metas: a degustación de tan sabido froito.

En xuño gozamos das noites máis curtas do ano. Para celebrar isto, o circuíto  Run Run Vigo fai dúas propostas para corredores noctámbulos: Correndo por Vigo, que se desenvolve no ámbito das Travesas, e que conta tamén coas opcións de 5 ou 10 Km; e a Carreira Nocturna de San Xoán, que percorre o centro da cidade antes de que comecen a arder as fogueiras. Neste mesmo mes, ten lugar a carreira de orientación por equipos Coruxo Móvese, organizada pola Fundación Isidre Estévez.

Para despedir o verán, ten lugar unhas das probas máis participativas: a 24 horas de Castrelos. Pódese participar de forma individual ou por equipos, o único requisito e non parar de correr durante as 24 horas que dura o evento.

Tras o parón estival, en setembro podedes anotarvos a Xornada Marisqueira que se celebra no marco da Festa do Marisco e que se compón dun percorrido de 10 Km polo ámbito do Berbés. Unha data a marcar no calendario é o 23 de setembro, día no que ten lugar un dos acontecementos deportivos máis esixentes de Vigo: o Desafío Illas Cíes. Hai dúas opcións para participar: a modalidade de tríatlon composta por 1,9 Km a nado, 90 Km en bicicleta e 21,1 Km correndo ou a modalidade de travesía a nado nun treito de 10 Km.

REVISTA NOVEMBRO

Outro reto duro, aínda que nun ambiente máis desenfadado, é o Vigo Boot Camp, que terá lugar o 14 de outubro na praia de Samil; unha proba de entre 6 e 8 Km na que os participantes teñen que superar unha trintena de obstáculos. Hai dúas modalidades de inscrición: individual ou por equipos de 5 a 9 corredores.

Unha das probas que cada ano consegue reunir a máis persoas é a carreira benéfica Vigo Contra el Cáncer. Coa opción de facer 5 ou 10 Km camiñando ou correndo pola contorna das Travesas e Coia. A recadación destínase a proxectos de investigación con presencia local que loitan contra o cancro.

No mes de novembro tedes a oportunidade de participar no circuíto urbano Inglés Vigo+11 El Corte Inglés. Se vos quedades con ganas de máis, o 2 de decembro tedes a oportunidade de correr a Media Maratón de Vigo. E para pechar o ano de forma sa e divertida, apuntádevos á tradicional carreira San Silvestre. Cada ano consegue congregar a un maior número de persoas. Os disfraces e o ánimo festivo son os protagonistas deste encontro.

 

(GMT+01:00) Praia de Samil

(GMT+01:00) ETEA

(GMT+01:00) Praia do Vao