CAMELIAS MASCOTAS

Recuperando a tradición no festival Cancións dos Nosos Barrios

Do 31 de xullo ao 3 de agosto na Finca de San Roque poderemos viaxar ao pasado grazas a Cancións dos Nosos Barrios, un festival que por decimoprimeiro ano pretende darlle voz a todas esas agrupacións locais de música tradicional e manter viva a memoria histórica.

Vinte bandas dos distintos barrios vigueses poñerán a banda sonora nesta decimoprimeira edición do festival Cancións dos Nosos Barrios. Durante catro días, do martes 31 de xullo ao venres 3 de agosto, a Finca de San Roque converterase no centro da música folclórica e tradicional da cidade.

REVISTA NOVEMBRO

Aínda que este tipo de música leve uns anos en período de declive, desde a organización non deixan de loitar para promover a música folclórica e a cultura propia, algo tan habitual fai anos nas tabernas e demais lugares de reunión ao longo e ancho de toda Galicia.

Como novidades, nesta edición atopamos a Pés na Rúa, grupo folclórico de Mos e Loureiro Verde, da parroquia de Becerreira en Cabral, ademais doutras agrupacións que volven tras anos de ausencia, como Garatuxa e Coto de Carballal.

Estas e outras moitas bandas encherán San Roque, un enclave emblemático da cidade, de música, de xente e de lembranzas de tempos pasados nos que estas cancións soaban diariamente nos bares e tabernas. Folclore e tradición para loitar contra o esquecemento e para manter viva a chama do pasado.

(GMT+01:00) Pazo de San Roque