VIALIA
REVISTA NOVEMBRO

A Porta do Sol bailará a ritmo de danza urbana no VI-KUL

Como eles e elas mesmas din, “o VI-KUL é unha cara de Vigo que nin Vigo coñece”. Este xoves 26 e venres 27 de xullo terá lugar na Porta do Sol, de 20:00 a 22:00, o Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo, o VI-KUL, no que se reunirán distintas escolas galegas de danza para ensinarlle á cidade esta cara oculta.

Este xoves 26 de xullo ás 20:00 arranca unha nova edición do VI-KUL, un festival de danza urbana organizado pola revista Coreo Magazine no que escolas de toda Galicia e individuais ofrecen shows de forma gratuíta a tódolos viandantes. No seu primeiro día actuarán as escolas Dance Academy, New Era e GettingJiggy e os grupos de baile GaliRockers, Supadupa e Brothers Crew. Ao rematar, haberá unha actuación musical a cargo de Lúa Dasant.

O seguinte día, o venres 27, funcionará de forma similar ao anterior, con actuacións dos memos bailarinas e bailaríns máis a incorporación de Bambalina, EnDanza e o Centro cultural de Nespereira. Ademais, haberá animación para que o público que asista aos shows se anime a bailar tamén.

A través deste evento cultural preténdese promocionar a Vigo, tanto entre os artistas como entre os aficionados ao baile, como un lugar de referencia da danza urbano, mostrando unha nova cara da cidade. Búscase achegar referentes á nosa cidade e facilitar o acceso a estes aos máis novos ,ademais de proxectar o alto nivel de danza que existe en Vigo.