REVISTA ABRIL

Colmeiro e a distancia social, protagonistas da reapertura do MARCO

78 días despois de pechar as portas por mor do estado de alarma, o MARCO abrirá de novo ao público este martes, 2 de de xuño. O centro de arte retoma a actividade no seu horario habitual e aplicando medidas de seguridade sanitaria de acordo coa normativa para espazos públicos pechados.

REVISTA ABRIL
Manuel Colmeiro. Bañistas, 1930

Desde este martes, en horario de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00 de martes a sábado e de 11:00 a 14:30 os domingos, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo retoma a súa actividade de cara ao público. Polo momento, a biblioteca do centro seguirá aberta unicamente para investigadores con cita previa e para o público xeral de maneira virtual neste enderezo web. Si atoparemos abertos á cidadanía o restaurantes Miguel Oliveira e os aseos.

En todo o espazo será obrigatorioa seguir medidas de seguridade e protección ante Covid, como son o uso de máscara, a distancia de 2 metros co resto de visitantes, o uso de xel hidroalcólico e a prohibición de entrar con bultos grandes, comida ou bebida. Ademais destas recomendacións xerais, o MARCO instalou unha nova sinaléctica para guiar a circulación no interior do edificio e un aforo máximo por sala, para previr aglomeracións nas mesmas. Tampouco estará permitido tocar as pezas exhibidas nin os carteis.

O MARCO conta neste intre con dúas exposicións abertas. ‘Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos’, unha escolma de traballos do célebre pintor realista, froito da investigación dos paralelismos entre os seus cambios vitais e a súa obra; tal e como nos explicaba Miguel Fernández, director do museo, nesta entrevista. E ‘No, aún no’, unha exposición multisoporte na que Yolanda Herranz explora o papel da muller na sociedade e na arte a través da escultura, o texto e o corpo.