CAMELIAS MASCOTAS

2500 euros en premios para as mellores microcurtas sobre a Reconquista

A Vigo Film Office lanza a segunda edición do concurso de micrometraxes Vigo en 90 segundos. Nesta ocasión está dedicada á festa da Reconquista, con premios valorados en 2500 euros. Pódese participar ata o 30 de abril.

A Vigo Film Office, organismo público que promociona á cidade como plató de rodaxes, lanza a segunda edición do concurso de micrometraxes Vigo. Nesta ocasión a temática escollida é a Reconquista, que se celebra a primeira fin de semana de abril. Como é sabido, neste evento festéxase a expuslión do exército francés da vila de Vigo en 1809.

Estes feitos históricos, ou a celebración actual que ten lugar na zona vella da cidade desde hai décadas, deben ser a inspiración para realizar un vídeo de máximo 90 segundos. A temática e a duración son as únicas condicións indispensables para participar, o resto xa é cousa de cada director ou directora: formato, xénero, dispositivo de gravación, ton, diálogos ou mudo, ficción ou documental, etc.

REVISTA NOVEMBRO

O prazo de presentación dos vídeos é do 1 ao 30 de abril. As pezas deberán enviarse a unha plataforma aloxada na páxina web da Vigo Film Office. Do 1 ao 10 de maio o público poderá votar entre os vídeos seleccionados, de onde sairá o Premio do Público. Os gañadores no resto de categorías serán elixidos por un xurado composto por profesionais do sector audiovisual e membros da VFO e do Concello de Vigo. Os gañadores anunciaranse o 14 de maio e realizarase unha entrega de premios nunha data aínda por determinar. Consulta aquí as bases.

Un total de 2500€ en premios repartiranse nas seguintes categorías:

-Premio á Mellor microcurta (500 euros en tarxeta regalo)
-Accésit á Mellor microcurta (200 euros en tarxeta regalo)
-Premio á Mellor microcurta dunha escola de audiovisuais (450 euros en tarxeta regalo).
-Accésit á Mellor microcurta dunha escola de audiovisuais (200 euros en tarxeta regalo)
-Premio á microcurta máis orixinal (400 euros en tarxeta regalo)
-Premio do Público á microcurta máis votada na canle de Instagram do VFO (300 euros en tarxeta regalo)
-Premio á Mellor microcurta realizada por un menor (300 euros en tarxeta regalo).
-Accésit á Mellor microcurta realizada por un menor (150 euros en tarxeta regalo)