11 plans para gozar do verán en familia
Cunhas vacacións que van de xuño a setembro, non sempre é doado atopar plans para manter entretidos aos pequenos da casa. Deixámosvos 11 ideas para facilitar esta ardua tarefa.
VIGO NATURE
Todas as fins de semana Vigo Nature (antigo VigoZoo) propón actividades como alimentar animais (tartarugas, iguanas, llamas…), prantar sementes, observar o ceo estrelado ou coidar unha horta.
MUSEO DO MAR
O Museo do Mar de Galicia continúa en agosto coas súas actividades de martes a sábado, entre as que atopamos visitas temáticas ao acuario (martes ás 11:30), obradoiro sobre os tecidos da prehistoria (mércores ás 11:30), obradoiro sobre os traballos do mar (xoves ás 11:30), taller sobre o gravado (venres ás 11:30), visita temática sobre os tiburóns (sábado ás 11:30) e visitas guiadas polo museo (de martes a sábado ás 17:00 e domingo ás 11:30 e 17:00). Preme aquí para máis info.
VIALIA
Agosto vén cargado de actividades infantís no centro comercial Vialia. Haberá talleres o venres 2 e os martes 6 e 13. Do mércores 21 ao sábado 31os Pitufos chegan a Vialia cunha zona de manualidades, casa máxica, centro de beleza, zona interactiva, pozo máxico e máis que terá lugar de luns a venres de 17:00 a 21:00 e os sábados de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. É preciso inscribirse para participar nesta actividade. Preme aquí para facelo.
BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS
O mérecores 7 de agosto organizan un obradoiro de encadernación, o 21 unha sesión de contacontos e os días 5 e 19 un clube de lectura xuvenil.
PARRULAS FEST
Festival dedicado aos máis pequenos que se celebrará no municipio de Nigrán, concretamente en Esteiro da Foz (A Ramallosa), nas xornadas do luns 5 ao xoves 8 de agosto. Actuarán o Mago Noel, Sincronacidas, Pista Catro, Maite Guevara, Marta Ortiz, Cris Collazo, Peter Punk, Lara Ortiz, Antón Coucheiro e Pallasos Sen Fronteiras.
FESTIVAIS
Algúns dos festivais deste verán dedican parte da súa programación aos máis pequenos. Así, o próximo 8 de agosto a xornada do Family Day abrirá, un ano máis, a XXIV edición de O Marisquiño, que permitirá iniciarse nos deportes de acción e a cultura urbana a máis de 250 nenos e adolescentes de Vigo e comarca. Tamén o The Wild Fest, cuxa programación familiar é un dos puntos fortes do certame, que se celebra os días 30, 31 de agosto e 1 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia. Haberá xogos para nenos, obradoiros para todas as idades, proxección de curtametraxes sobre medio ambiente e a actuación de Globotolo.
CANTAJUEGO EN CASTRELOS
Na programación de Castrelos, tras celebrarse tres, só resta un espectáculo infantil: Cantajuego o 12 de agosto. CantaJuego entregará ao público unha esmerada selección da súa longa lista de éxitos baseada na solidariedade, a amizade, o traballo en equipo e a empatía.
CENTRO ARQUEOLÓXICO SALINAE
Este centro arqueolóxico ofrece un interesante percorrido pola única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano. Este xacemento arqueolóxico de Vigo, polo seu excelente estado de conservación, permite entender o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían sal na superficie das cubetas. Ademais, de martes a domingo programan actividades para nenos. Preme aquí para coñecelas.
CINE NA TERRAZA DO CC A LAXE
O 13 de setembro ás 19:00 A Laxe organiza unha sesión de cinema infantil ao aire libre na súa terraza coa proxección de Campeonex, a segunda entrega da exitosa película de Javier Fesser.
VISITA ÁS MURALLAS DO CASTRO
O pasado 23 de xullo retomáronse as visitar á fortaleza do Castro. Baixo o título “A procura dos edificios perdidos”, todos os domingos, entre as 11:00 e as 12:30 para un máximo de 20 persoas, organizar unha visita pensada para que as familias con nenos e nenas de 5 a 12 anos se acheguen conxuntamente á historia da fortaleza. Máis info premendo aquí.
VISITA AO HIDRIA II
O Hidria II, un buque histórico construído en Vigo na década dos 60, pode visitarse na dársena Portocultra en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00.Os nenos non pagan entrada e os adultos abonarán o que consideren a partir de 2 euros.