CAMELIAS MASCOTAS

Dobre Terraceo, festival Iacobus Maris e Sen Senra esta fin de semana en Vigo

Esta semana a fin de semana adiántase e vén cargada de grandes citas. Predomina a música en directo e ao aire libre. Poderemos desfrutar de concertos no Terraceo, Castrelos, Villa Solita, os Chiringuitos, Nigránjazz e as festas de Beade, Lavadores e Bembrive. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Los Estanques tocan este fin de semana en el Terraceo

FESTAS NOS BARRIOS – Mércores a domingo en Lavadores, Bembrive e Beade – De balde

Xa avisaramos neste artigo que o verán en Vigo é un non para de festas polos barrios. Esta semana pomos desfrutar de bervenas, charangas, orquestras e xantares en Lavadores, Bembrive e Beade. Esta última parroquia contará coa actuación da orquestra América o sábado e do Combo Dominicano o domingo.

FESTIVAL IACOBUS MARIS – De xoves a domingo todo o día en Portocultura

O III Festival Iacobus Maris Experience volve á dársena Portocultura de Vigo do 24 ao 28 de xullo cunha oferta gastronómica, musical e deportiva que se complementa coa presenza de numerosas embarcacións tradicionais de Galicia, Portugal e Uruguai que poden visitarse e sair navegar nalgunhas delas.

SEN SENRA – Xoves ás 22:00 en Castrelos – De balde / 10,00 €

O músico criado en Vigo é unha das voces máis relevantes do pop. Colaborou con artistas como Aitana, Julieta Venegas, C. Tangana e Royce Rolo. Aínda quedan entradas para pista.

FESTIVAL DRAG KING – Venres desde as 10:00 – 5,00 € a gala

Vigo alberga un dos poucos festivais Drag King de España. O festival está dividido en dúas partes, pola mañá haberá obradoiros na en A Morada de expresión corporal, voz e caracterización, impartidos por Nico Elkser. Pola noite, a partir das 21:30, a Sala Kominsky será escenario da Gala Baby Drag King, na que artistas noveis e expertos presentarán o seu King.

NOITE BRANCA – Venres de 10:00 a 2:00 en varios museos – De balde

Vigo celebra unha nova edición da Noite Branca na rede de museos municipais, con apertura desde as 20:00 da tarde ata as 2:00 da madrugada. Os museos participantes son el Marco, el Verbum, A Casa das Artes, el Museo Liste, Pazo Quiñones de León o la Pinacoteca

MÁIS ALTO QUE O CEO: MOLOCH – Venres ás 20:00 na Asociación Évame Oroza – De balde

Para pechar o festival Máis Alto que o Ceo a banda pontevedresa Moloch, formada por Laura García , Andrés Martínez e Violeta Mosquera, estarán tocando o seu rock progresivo e experimental baseándose nos versos do poeta Jorge Cuña.

TERRACEO: LOS ESTANQUES E ZIGGY ALBERTS – Venres e sábado ás 21:00 no Auditorio Mar de Vigo – 20,00 e 25,00 €

A terraza do Auditorio Mar de Vigo propón unha dobre cita esta fin de semana. O venres poderemos desfrutar da banda cántabra Los Estanques e o domingo do cantante de folk indie australiano Ziggy Alberts.

CURIOSIDADES SOLITA: DÚBIDA – Venres ás 21:00 en Villa Solita – De balde

Curiosidades Solita é un proxecto cultural no que se combina o coñecemento do patrimonio da cidade e a música en directo. Este venres soará Dúbida, un grupo de funky, ao que tamén lles gusta navegar polo blues, jazz, pasando polo rock.

NIGRANJAZZ – Venres e sábado ás 21:00 no Esteiro da Foz (Nigrán) – De balde

REVISTA NOVEMBRO

Festival internacional de jazz que celebra a súa 18 edición esta fin de semana na Ramallosa con seis actuacións entre o venres e o sábado.

MERCADO + DJ – Domingo de 16:30 a 22:00 no Chiringuito O Pirata – De balde

Despsdir a fin de semana con praia, música e bo ambiente.