VIALIA
PLAYDOC

Un total de 1500 bailaríns participarán na 12ª edición de Vigo Porté

O certame de baile internacional Vigo Porté celebrarase os días 25, 26, 27 e 28 de abril no Auditorio Mar de Vigo. Acudirán bailaríns de 38 escolas de baile do panorama nacional e internacional que representarán 401 coreografías. As escolas de baile participantes competirán por facerse cos primeiros premios da cuarta edición do Trofeo de Baile Internacional “Vigo Xacobeo”.

Un total de 1.500 bailaríns participarán na 12ª edición de Vigo Porté 2024 e competirán por facerse cos primeiros premios da cuarta edición do Trofeo de Baile Internacional “Vigo Xacobeo”. “Vigo Porté consolidouse como o evento internacional de referencia de disciplinas de baile alcanzando unhas cifras de participación moi elevadas. Nesta edición representaranse un total de 401 coreografías de 38 centros de danza de España e de Portugal”, apunta Lorena López, Directora do certame de baile durante a presentación oficial de Vigo Porté 2024 que tivo lugar esta semana no Centro Comercial Vialia Estación de Vigo.

O xoves 25 pola tarde terán lugar dous Master Class de Ballet Clásico impartidas por Juan Polo (mestre do gañador do Prix de Lausanne 2023: Millán de Benito que agora mesmo atópase no Royal Ballet de Londres) e o venres 26 ás 21:00 a Master Class de Jazz Musical do coreógrafo Toni Espinosa. Durante os días 26, 27 e 28 de abril o Auditorio Mar de Vigo acollerá a celebración da cuarta edición do Trofeo de Baile Internacional “Vigo Xacobeo” nas diferentes categorías: Mini, Infantil, Junior e Absoluta e coas seguintes disciplinas: Clásico, Folclore, Fusión, Lírico, Musicais + BSO e Urbano.

REVISTA ABRIL

O concurso conta cun xurado que estará formado por importantes representantes do mundo da danza a nivel nacional e internacional, entre os que se atopan: Ángel Lara, Arantxa Carmona, Christian Sánchez, David Campos, Juan Polo e Toni Espinosa. O domingo 28 de abril pola tarde, realizarase a Final Vigo Porté 2024. As coreografías con máis de 75 puntos seleccionadas polo xurado durante as catro categorías do Trofeo volverán competir para alzarse cos principais premios.

Javier Castillo “Poty” volverá ser, un ano máis, o “buque insignia” do evento. Nesta edición estará presente nesta Final e será o encargado de escoller, xunto co resto dos seus compañeiros do xurado, as mellores coreografías do 4º Trofeo de Baile Internacional Vigo Xacobeo e o Premio Vigo Portei 2024.

Na Final realizarase unha apertura moi especial na que levan traballando 20 centros de danza participantes do 4º Trofeo de Baile Internacional “Vigo Xacobeo” durante máis de catro meses que ofrecerán un gran espectáculo con 200 bailaríns en escena. “O Opening da Final será o momento máis espectacular do evento. A Compañía de Danza Porté, responsable da dirección e coreografía deste show, leva moitos meses traballando neste proxecto. O que pretendemos é mostrar que aínda que se trate dun concurso, a todos nos une o mesmo: a paixón pola danza”, destaca Lorena López. Ademais, este acto taméncontará cunha actuación moi especial a cargo da Asociación Down de Vigo.