VIALIA
PLAYDOC

Dez motivos para non perderte o Festival Creativa

Creativa é un festival de creatividade e cultura que naceu o ano pasado en Vigo da man do estudio Chachachá e Galería Maraca. Tras o éxito de 2023, con más de 1200 asistentes, volve nunha edición concentrada en tres días, do 19 ao 21 de abril, cunha programación intensiva con varios dos ilustradores, artistas, creativos, músicos, deseñadores e creadores máis interesantes do panorama actual. Aquí van dez motivos para non faltar esta fin de semana.

Yeye Weller é un dos ilustradores alemáns máis recoñecidos e recoñecibles do momento. Os seus personaxes son unha mestura entre os cartoons clásicos dos anos 20 e o vandalismo do street art e puideches velos sendo os protagonistas de campañas para marcas como Adobe, The New York Times, Adidas, Netflix, Sprite, KFC, Snapchat, McDonald ‘s, Dunkin Donuts, Uniqlo, WWF. O venres inaugura unha exposición feita en exclusiva para Creativa.

A historiadora da arte galega afincada en Madrid, a través das súas redes sociais e Patreon, converteuse nos últimos anos nunha das divulgadoras dixitais con máis impacto do país. O seu ámbito de especialidade é a perspectiva de xénero aplicada ao mundo da arte e de todo iso e máis falará en Creativa.

Unha das novidades desta segunda edición é o mercado gráfico de ilustración e autoedición que estará dispoñible durante todo o sábado na praza do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a dous pasos da Porta do Sol e da Galería Maraca. Unha boa forma de descubrir novos talentos e o que se está a facer agora nestes eidos en Galicia. Ás 13:00 o grupo Fantasmage realizará un concerto nesta mesma ubicación.

Cargado con samplers e tecladitos descatalogados, o beatmaker vigués tráenos un alixo de beats Lo-Fi. O seu son polvoriento e cálido é como subirse a unha nave espacial feita de chatarra despois de almorzar uns churros empapados en LSD e codeína. Na súa música mestúrase o novo e o vello, un cóctel de xéneros onde o resaibo principal é o hip hop do 94.

É unha das especialistas en IA máis recoñecidas do país. Licenciada en Intelixencia Artificial por The University of Manchester, onde posteriormente completou os seus estudos co Máster of Engineering en IA. Desenvolve a súa actividade profesional como consultora e deseñadora de proxectos baseados en intelixencia artificial, para empresas tanto nacionais como internacionais e nun momento en que a IA está a poñer patas para arriba o mundo creativo profesional.

Charlas rápidas e divertidas onde oito dos proxectos e/o artistas máis interesantes da cidade preséntannos o seu traballo en menos de sete minutos. Os convidados son A Morada, Asdúasepunto, Casa Atlántica, Edicións Malafera, Malahostia, Meiga-i, Proyecto Ewa e Roberto de la Torre.

Conseguiu crear un estilo propio cun imaxinario moi persoal cheo de chamas, corazóns e ollos duplicados que fai que recoñezas o seu traballo nun só golpe de vista. Cavolo expuxo o seu traballo por medio mundo en diversas galerías de Londres, New York, Montreal ou Milán… e encheu de cor o outro medio con murais en cidades como Montreal, Ciudad de Mexico ou Colonia. De todo isto falará nunha charla que promete ser un dos pratos fortes do festival.

Boa Mistura é un colectivo artístico con raíces no grafiti nado a finais de 2001 en Madrid. O seu proxecto Crossroads , sustentado nunha metodoloxía que integra aos veciños de comunidades como parte activa dun proceso de transformación a través da pintura, foi levado ao longo dunha década a barrios periféricos de Brasil, Colombia, Paraguai, Chile, Nicaragua, Panamá, México, Cuba, República Dominicana, España, Quenia, Sudáfrica, Senegal, Alxeria, España ou Holanda. Javier Serrano, un dos fundadores do colectivo, presentará o documental.

REVISTA ABRIL

Ricardo Moya, músico e presentador de El Sentido de la Birra, e Flavita Banana, ilustradora e autora da tira cómica de El País, unen o seu talento en Domingos de Bajón, un podcast que convida á reflexión e a gargallada. Despois de dous anos de éxito en formato dixital, o podcast dá o salto aos escenarios.

Aínda hoxe hai quen se queixa de que en Vigo non se fan cousas interesantes. Ademais de ser mentira, ás veces esa xente é a quen non acude ao moitos eventos culturais que se organizan dacote na nosa cidade. Se queremos que siga habendo movemento cultural de calquera tipo (música, teatro, cinema, danza, exposicións…) cómpre apoiar estas iniciativas para que á organización lle compense todo o esforzo invertido.