VIALIA
bannerPicnicSesions

Yoga para el cambio celebra por streaming a súa edición máis internacional

Baixo a premisa ‘Ayúdanos a responder a la pandemia en India , a ONGD Semilla para el Cambio e Yoga en Red lanzan a cuarta edición do evento solidario Yoga para el Cambio, que nas súas edicións anteriores logrou sumar a máis de 2.500 participantes en toda España. Este ano o evento recada fondos para responder o impacto que a crise do coronavirus está a ter sobre as comunidades máis desfavorecidas da cidade india de Varanasi, onde Semilla para el Cambio traballa desde hai máis dunha década.

REVISTA ABRIL

O confinamento deixou sen ingresos, e por tanto, sen alimentos, a moitas familias. Por iso, Semilla para el Cambio puxo en marcha un proxecto de seguridade alimentaria, que xa atendeu a máis de 1.200 persoas, e ten previsto realizar outro, de reconstrución económica e social, cando a pandemia termine. A ambos irán destinados os fondos recadados con este evento.

Este ano Yoga para el cambio tivo que reinventarse e realizarase en modalidade online, para que todas as persoas que queiran poidan participar desde casa, dunha maneira segura para a súa saúde.
Para poder facelo, deben inscribirse previamente, achegando 10 euros, a través da páxina web de venda solidaria de Semilla para el Cambio Esta inscrición da acceso pleno á programación de todo o evento, composta por 45 sesións durante dous días. O sábado 23 e o domingo 24 de maio, desde as 8 da mañá ata as 20 da tarde, de maneira ininterrompida, as persoas que se inscriban poderán gozar por videoconferencia sesións de ioga, meditación, música e danza, impartidas por centros e profesorado de toda España , Arxentina e India. A programa está dispoñible na súa páxina web.

A incorporación de India e Arxentina países é unha novidade da cuarta edción e unha das vantaxes que a organización atopou nesta situación atípica. “Poderemos gozar en directo desde Varanasi dunha clase de ioga a cargo do mestre hindú, Ravindra Yogi; ou dun concerto de bansuri (frauta india), a cargo de Shanish Kumar”, explica María Bodelón, directora de Semilla para el Cambio.