VIALIA
bannerPicnicSesions

Xa é posible visitar Vigo nun Freetour

A partir do luns 8, coincidindo co inicio da Fase 3, a coñecida empresa Freetour Vigo retoma a súa oferta de roteiros pola nosa cidade con dúas modalidades: ‘Misterios y leyendas’ y ‘Vigo alternativo’ en grupos reducidos e e adoptando medidas concretas para previr o contaxio do covid-19.

Os tours guiados pola cidade de Vigo xa teñen data de volta en dúas das súas modalidades. Para os interesados en descubrir as tradicións galegas menos coñecidas o roteiro de ‘Misterios e lendas’ promete ensinarlles os rincóns misteriosos e historias sorprendentes agochadas na ría de Vigo. Este roteiro terá lugar os días 10, 13 e 19 de xuño, a partir das 21:30 h da noite.

REVISTA ABRIL

Como segunda opción, o roteiro ‘Vigo alternativo’ percorre a faceta máis colorida da urbe, facendo un percorrido polas pezas de arte urbano máis destacadas e poñéndoas no contexto da cultura local. Este roteiro poderá facerse os días 12, 20 e 28 de xuño ás 20h.

Ambas modalidades teñen o seu punto de saída no Sireno e é obrigatorio reservar praza antes de acudir. O pago é libre. Ao final do percorrido os asistentes fan a aportación económica que consideren xusta, atendendo ás súas capacidades e o valor que lle dan ao servizo recibido.

Freetour Vigo tamén fixo públicas as medidas que os seus guías están adoptando de cara a garatir o distanciamento social durante os paseos e evitar o contaxiodo covid-19. Entre as novas normas están a obrigatoriedade de levar máscara durante a actividade para todos os asistentes, que ademais manterán os dous metros de distancia entre si; así como a habilitación do pago con tarxeta ou en efectivo nunha bolsa, evitando o contacto directo. Tamén anuncian que o guía irá equipado con pantalla e un micrófono amplificado para asegurar que as explicacións cheguen a todos os presentes mantendo as distancias.