VIALIA
bannerPicnicSesions

Volven os concertos e as observacións astronómicas a Villa Solita

‘Curiosidades Solita’ volverá encher de música e actividades esta villa Indiana situada en Alcabre. O ciclo celebrarase todos os venres desde o 1 de xullo ao 19 de agosto e albergará concertos, observacións astronómicas e presentacións de libros.

Os venres de verán a finca rehabilitada de Villa Solita volve converterse nun espazo de encontro artístico. Do 1 de xullo ao 19 de agosto esta antiga construcción indiana albergará concertos de estilos tan variados como o jazz, rock, rap e flamenco de artistas vinculados á cidade. Volven as observacións astronómicas; tras o éxito de pasadas edicións, este ano haberá dúas datas para a actividade dedicada ao visionado do Ceo de Vigo e a historia da cidade no século XIX. Como novidade, este ano a programación inclúe a presentación dun libro. Pablo Vázquez e Denis Carballás presentarán ‘Son da cidade’ (Galaxia, 2022) , acompañados da música de Nicolás Pastoriza. Todas as actividades son gratuítas e o aforo encherase por orden de chegada.

PROGRAMACIÓN

1 DE XULLO: WEST RIDE

West Ride é una banda de Rock Alternativo, que nace a principios do ano 2020 nas zonas underground de Vigo. A banda aposta por implantar un estilo de música contundente e directa. As principais influencias da banda van desde o Hard Rock americano con grupos como “Black Stone Cherry” ata estilos máis pesados como “Sons of Texas” o “Stone Sour”. A formación se compón de 4 músicos de Vigo: Bruce (Vocalista), Isu (Guitarrista), Iván (Baixista) e Almeida (Batería).
Para Solita presentarán o seu videoclip e os seus singles procedentes do EP “Bad Trip”, despois de tocar en Santiago e en Vigo (La Iguana) co grupo de rock nacional “Sevilla Distorsión”

8 XULLO: DE SOLITA Á LÚA

Unha xornada para coñecer de preto a nosa compañeira orbital; a súa orixe, influencia na Terra, exploración e a súa relevancia histórico-cultural no século XIX collendo como referencia o clásico da literatura de aventuras de Jules Verne “Da Terra á Lúa”. A actividade complementarase coa observación en directo do noso satélite a través do telescopio e o equipo de proxección.
Previamente á actividade, presentarase o libro Son da Cidade. O libro da música viguesa do noso século, de Pablo Vázquez e Denis Carballás (Editorial Galaxia), un ensaio ilustrado pioneiro que busca divulgar o panorama actual e descubrir a que soa Vigo. O proxecto abarca as últimas dúas décadas da música da cidade máis grande de Galicia. Contaremos coa presenza de Nicolás Pastoriza que porá música en directo.

15 XULLO: DIOIVO

Dioivo é un dúo de metal extremo fundado en Vigo en 2016. Naceu poñendo música ao poema de Rosalía de Castro ‘Sempre pola morte esperas’ para conmemorar o 179 aniversario da autora. En outubro dese mesmo ano autoeditaron o seu primeiro EP homónimo, e co disco baixo o brazo, comezaron tocar por salas de toda Galicia, e mesmo fóra dela.
En 2019 editan o seu primeiro álbum, Dioivo II, e a súa continuación chega en 2021 cun novo EP, Dioivo III. Ese mesmo ano sacan Retorno a Tagen Ata, un tema de 11 minutos de duración no que contan coa colaboración do gran escritor galego Xosé Luís Méndez Ferrín, estando baseado na súa novela homónima de 1971.En 2022 gravan, tamén con Soengas, “Hai Sede na Nova Galicia”, unha adaptación dun poema do autor homenaxeado polas Letras Galegas deste ano Florencio Delgado.
En Finca Solita presentarán estes novos temas xunto a outros que farán parte do seu novo álbum. Esta canción foi a consecuencia da dirección que levan tomando estes anos cos discos editados ata o momento, tendo unha gran acollida,
chegando non só a xornais, webs e radios de todo tipo, se non ata ao telexornal galego de Televisión Española.

22 XULLO: RED CHEEKS QUARTET

RED CHEEKS QUARTET xurde grazas á unión do trío formado por Pupy Domínguez, Joseph Pou e Brais Lorenzo, todos estudantes da Escola Superior de Música de Cataluña, e Juan José Cabillas, saxofonista gaditano, estudante de jazz en Musikene. En 2018 comezan a súa traxectoria xuntos, gravando composicións propias e facendo concertos en distintos lugares de España e actuando na 54 edición del Heineken Jazzaldía de San Sebastián, interpretando xunto a Camerta de Heisenberg arranxos do prestixioso saxofonista Miguel Blanco, compostos exclusivamente para esta formación.
En 2019 gravan o seu primeiro disco en Mecca Studios, en San Sebastián, co que inician a súa primeira xira nacional

29 XULLO: CLOAKA SOUND + LCA

A Cloaka Sound é un grupo nacido no ano 2013, coa unión de ZdeZelso e ElGelete, dos mcs galegos da cidade de Vigo, quen aínda a día de hoxe seguen sacando diferentes singles, videoclips e maquetas dentro do xénero Rap.
A Cloaka presentarán en Solita un espectáculo de flamenco e rap cunha proposta moi atractiva na que se unen dous dos xéneros da música urbana que máis sentimento e paixón xeran entre os seus adeptos.
Tras varios anos publicando traballos tanto xuntos como individualmente e despois de ter pisado diferentes escenarios, ofrécennos un espectáculo único na escena musical galega.
Estarán acompañados de JCA (Jitano Con Actitud), pseudónimo de Ismael, cantaor vigués de música flamenca fusión con diversos estilos musicais e artista de dilatada traxectoria con destacadas colaboracións con artistas de renome da escena nacional, como Lion Sitte, Payo Malo ou Jarfaiter

5 AGOSTO: SOLITA BAIXO AS ESTRELAS

Para este día programamos da man do historiador e divulgador astronómico, Pablo J. Martínez Alemparte, unha xornada novidosa e distinta para Solita na que mesturaremos Historia e Astronomía. Por unha banda, a historia da nosa cidade e deste espazo patrimonial nun momento crucial como foi o século XIX, e por outra, as conexións, tanto mitolóxicas como prácticas, que existiron ao longo da Historia da Humanidade entre os fenómenos astronómicos e as distintas culturas.
COÑECE “VILLA SOLITA”
Nesta primeira parte da actividade e coincidindo cos derradeiros momentos do día, coñeceremos a historia detrás de Villa Solita, esta formidable construción, rehabilitada recentemente como espazo cultural, patrimonial e de singular arquitectura polo Concello de Vigo. Servirá tamén como marco sobre o cal falar dun período clave na historia da cidade de Vigo, como foi o século XIX, momento no cal se deu o salto definitivo de “Vila a Cidade”.
O CEO NOCTURNO DE VERÁN
Cando caia a noite, e no espazo exterior do predio, apagaranse as luces da contorna para facer un percorrido guiado polo ceo nocturno do verán, o cal, ao longo da historia, foi instru mento para a medida do tempo, a orientación, e a plasmación dos idearios míticos das sociedades humanas, pero tamén unha paisaxe natural, cultural… e fonte de inspiración para a arte en todas as súas vertentes.

12 DE AGOSTO: LAR DE LÚA

REVISTA ABRIL

O dúo acústico Lardelúa é un pequeno formato resultante da unión de dous músicos con dilatada experiencia en diferentes ámbitos: Dany Soengas e Mariah Fosado Dany Soengas chega desde o mundo do rock. Coas súas bandas produciu multitude de discos e xirou con artistas de renome internacional por toda a península.
Mariah Fosado é a parte máis tradicional do conxunto, formando parte desde os seus inicios dunha agrupación folclórica galega durante anos e participando no concurso “Recantos” de Luar na TVG.
Xuntos ofrecen un repertorio ameno e popular, maiormente de clásicos en lingua galega, aínda que non dubidan en recorrer a outros idiomas ou estilos se a ocasión o require. A pesares da súa recente formación, xa fixeron seus algúns
temas clásicos da nosa lingua e incluso se presentaron nos platós da Televisión de Galicia.

19 DE AGOSTO: DENIS CARBALLÁS

Denis Carballás é un músico vigués membro de The Riggos, Snif & Crash o Beethoven Rollers. Desde 2016 compón e grava cancións en solitario, chegando a publicar ata a data 4 EP’s e un LP. Cancións sobre historias do día a día, melodías alegres cun ollo na música dos anos 60, o blues e o pop. Ademais, ten composto bandas sonoras para diferentes proxectos audiovisuais e, en 2022, publica “Son da Cidade” (Galaxia Editorial) xunto a Pablo Vázquez, un libro ilustrado sobre a historia da música viguesa do século XXI.
Denis Carballás levará a Villa Solita as súas cancións xunto con algunha versión de grupos como os Ramones, The Beatles ou The Who, contando historias curiosas sobre elas e facendo un percorrido á música que lle gusta nunha, esperemos, cálida noite de verán.