CAMELIAS MASCOTAS

Volve o Vicus Spacorum con cine, batallas de gladiadores e un mercadiño renovado

A VIII edición do Vicus Spacorum, que se celebrará os días 14 e 15 no PAU de Navia, chega cargada de novidades para que celtas e romanos tomen novamente o barrio vigués. Haberá representacións, mercadiño, cine, actividades infantís, concurso de disfraces, gastronomía, música e moito máis.

REVISTA NOVEMBRO
Programación completa do VIII Vicus Spacorum

Unha das festas de época con máis nome da cidade volve ao PAU de Navia o sábado 14 e o domingo 15 de setembro cunha potente programación e unha chea de novidades baixo o brazo. A primeira é o reforzo realizado no mercado, coñecido como Poboado Castrexo, que estará mellor equipado que en edicións anteriores, cunha maior oferta artesá e gastronómica. E falando de gastronomía, este ano a taberna escollida será a lucense Pulpalia, moi habitual neste tipo de feiras tanto a nivel nacional como internacional. Ademais, os prezos dos produtos xa poden consultarse no Facebook do evento, algo pouco habitual neste tipo de celebracións.

Outras das propostas que debutan ou volven este ano son a proxección do filme Asterix: La residencia de los Dioses, escollida polo director do Primavera do Cine Juan de Castro; a exposición dos Click de Playmobil, un novedoso espazo de realidade virtual, as actividades musicais e de maxia no forum romano ou o prato forte da festividade coa batalla de gladiadores (nocturna e diurna) da man das asociacións Caetra Lvcensivm e Gallaecia Viva, respectivamente. A maiores haberá outras asociacións realizando máis actividades como desfiles, loitas, obradoiros, teatro ou cerimonias fúnebres.

Este ano tamén terá lugar a II edición do Gran Concurso Infantil de Caracterizacións, no que os nenos e nenas de ata 14 anos que participen poderán gañar unha Play Station 4 con xogos, un patinete eléctrico Hoverboard e un altavoz bluetooth. As incricións realizaranse o propio día do concurso no posto habilitado para esta actividade.

(GMT+01:00) Navia