Sondeseu e Xavier Díaz e Adufeiras de Salitre no Festival Folcórico Internacional
Na súa vixésimo oitava edición, o Festival Folclórico Internacional volve encher a cidade coas súas actuacións de música e danza folclórica. Como novidade, a maior parte deste evento celebrarase en Castrelos, aínda que na xornada do sábado se expandirá a direfentes puntos da cidade.
Mañá xoves arranca o XXVIII Festival Folclórico de Vigo, que como cada verán porá en valor a música tradicional con diferentes actuacións de música e danza. Artistas autóctonos como Son de Seu, Xabier Díaz ou Lembranzas Galegas daranse cita neste evento que finaliza o domingo. Outro dos atractivos do festival é o intercambio cultural entre grupos de diferentes lugares, circunstancia que non se poderá dar este ano por mor da situación pandémica. Aínda así, a organización pono en vista para o ano seguinte.
A programación é completa e interesante, aínda que o plantexamento teña que ser diferente ao de outros anos. Nesta edición a maior parte das actuacións terán lugar no escenario exterior do parque de Castrelos. Inaugurará o certame a Orquestra Son de Seu mañá xoves ás 22 horas. Seguidamente, o venres 23 de xullo actuará Cé Orquestra Pantasma ás 20.30 horas, ofrecéndonos un espectáculo infantil. O mesmo día, ás 22 horas, tocaralles pechar a xornada a Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.
O sábado o festival trasladarase a diferentes barrios da cidade. Ás 12 do mediodía a Banda de Gaitas Xabaral estará tocando no Mercado de Teis, mentres que Corisco e a Banda de Gaitas Marino Tapiego de Asturias actuarán a mesma hora na Praza de Compostela. Ás 13:15 horas chégalle a quenda a Lembranzas Galegas na Alameda de Bouzas, e Andarela na Praza da Pedra. Pola noite a música volve a Castrelos co concerto de Xosé Luis Romero e Alibora ás 22 horas. No mesmo escenario actuarán Folk de Coiro e Traspés na xornada do domingo ás 20.30 e ás 22 horas, respectivamente.
Todas as actuacións son gratuítas e teñen aforo limitado polas restricións sanitarias vixentes, as cadeiras se adxudicarán por extricto orde de chegada.