VIALIA
bannerPicnicSesions

O Festival de Cine Inclusivo homenaxea a Xavier Bermúdez cunha retrospectiva

O 12 de outubro comeza unha nova edición do Festival de Cine inclusivo de Vigo cunha retrospectiva en homenaxe a Xavier Bermúdez. O director de ‘León y Olvido’ e ‘Olvido y León’ foi o primeiro en incluir nun filme español a unha persoa con Sindrome de Down como protagonista. O festival centra este ano a súa atención na saúde mental, temática que tamén se pode ver reflexada en ‘Olvido y León’

Fotograma de ‘Olvido y León’

O Festival de Cine Inclusivo de Vigo arrancará a súa programación o vindeiro 12 de outubro cunha retrospectiva de Xavier Bermúdez, ao que o festival quere homenaxear por ser o primeiro director español en rodar un filme cun actor protagonista con síndrome de down. Durante o primeiro día de festival proxectaranse os filmes ‘León y Olvido’ (2004) e ‘Olvido y León’ (2020) e Bermúdez recollerá este premio honorífico das mans de Marta Larralde, actriz protagonista en ambos filmes.

REVISTA ABRIL

‘Olvido y León’, estreada a comezos deste ano segue o rastro dos protagonistas de ‘León y Olvido’. Quince anos máis tarde Olvido acepta que os seus problemas non están relacionados coa relación que mantén co seu irmán xemelgo, León, que ten síndrome de down. O que realmente lle ocorre é que está baixo a influencia de poderes que non coñece e que tecen ao seu redor unha cárcere de insatisfacción persoal. Este ano o festival, que practicamente coincide en datas co Día Mundial da Saúde Mental (10 de outubro) está dedicado a esta temática, que tamén aparece reflectida neste filme ao amosar que o que realmente está sufrindo Olvido é un episodio de depresión.

Ambos filmes están protagonizados pola actriz viguesa Marta Larralde e Guillem Jiménez, quen faleceu recentemente. Este festival naceu co obxectivo de valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión e Bermúdez foi un pioneiro nesta materia. Por ese motivo, se lle quere render esta merecida homenaxe.

O festival que se celebrará do 12 ao 16 de outubro no Auditorio do Concello, o Museo MARCO e o cine Salesianos contará, como cada ano, cunha sección de curtas audioescritas e subtituladas para que persoas con discapacidade auditiva ou visual poidan gozar do sétimo arte, outro dos piares do evento.