REVISTA ABRIL

Volve o Cineclube Lumière en setembro con catro filmes

Aínda que o verán está a rematar, non todo van ser malas noticias. En setembro volve o Cineclube Lumière, que como é habitual programará un filme cada luns ás 20:30 no Auditorio do Concello, deixando para a a última semana de cada mes un filme sorpresa. Estas obras fuxen dos circuitos comerciais e das grandes salas, polo que supoñen unha oportunidade única de ver en pantalla grande un tipo de cinema difícil de atopar.

Xa coñecemos os catro filmes que poderemos visualizar este setembro no Auditorio do Concello. Todos eles teñen en común que a paisaxe cobra un papel protagonista, e non necesariamente para ben. Baixo o lema En terra hostil, como a oscarizada obra de Kathryn Bigelow de 2008, englóbanse estas catro películas, incluida a sorpresa, das que falameros a continuación.

O luns 3 de setembro comeza a tempada cinéfila co filme australiano Sweet Country (2017), do director Warwick Thornton. Gañadora do Premio Especial do Xurado en Venecia, esta obra está inspirada en feitos reais ocorridos en Australia no 1929. Cando un aborixe mata en defensa propia ao seu amo branco, foxe coa súa muller e son perseguidos polas autoridades de forma incansable.

REVISTA ABRIL

A semana seguinte é o turno de Foxtrot (2017), o último filme do israelí Samuel Maoz. Tras un longo percorrido por festivais de todo o mundo, chega a Vigo unha obra que nos falará dos problemas dunha familia israelí ao descubrir que algo terrible sucedeu no afastado posto militar no que foi destinado o seu fillo.

A última película coñecida do mes será La delgada línea amarilla (2015), do realizador mexicano Celso García, cuxo título recórdanos ao clásico bélico de Terrence Malick de 1998. O filme foi premiado en festivais de todo o mundo como Xixón, Lleida, Montreal ou Oaxaca. A obre relata a misión de 5 homes aos que lles encargan pintar unha liña divisoria nunha estrada de 200 km que separa dúas vilas en tan só 15 días.

Para rematar o mes, o luns 24 de setembro o Cineclube Lumière proxectará, como cada mes, un filme sorpresa, do cal non se coñecerá o nome ata o momento de entrar á sala. Se iniciada a proxección, alguén decide marchar, pode facelo nos primeiros 15 minutos e devolveráselle o importe da sesión. Todos os filmes serán en VOSE (a excepción dos que xa estén en castelán), os luns ás 20:30 no Auditorio do Concello. Existen diferentes ofertas para visualizar estes filmes, que poderás consultar aquí.

(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello


(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello


(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello


(GMT+01:00)