VEGANA

Vigo volve vestir a máscara do Entroido

Este venres 25 comezo o Entroido vigués, que recupera todas as tradicións que o ano pasado quedaran en barbeito. Durante 5 días poderemos gozar de festas e actividades por diferentes barrios e locais da cidade. Podes ampliar a información sobre cada un destes eventos na nosa axenda.

Desfile de comparsas de Vigo | B. Barros

VENRES 25

  • Entroido temático de cine no CC Travesía, coincidindo co 50 aniversario do filme The Godfather. Música e baile en directo da man de St. James Dixie Band e Swing On, respectivamente, de 17:00 a 21:00.
  • O restaurante Puro Delirio realiza un taller de máscaras ás 18:00. Ás 22:30 haberá Gran Cea de Máscaras, alfombra vermella, menú pechado con copa e actuacións en directo.
  • Os merdeiros sairán ás rúas do Casco Vello á hora do serán a facer das súas.
  • A entronización do Meco terá lugar ás 20:00 en Policarpo Sanz.

SÁBADO 26

  • Roteiro especial do Entroido da man de Vigo Turístico, con saída desde a Colexiata ás 11:00.
  • Obradoiro infantil de creación de caretas no Museo do Mar dirixido a cativos de maiores de 6 anos.
  • Concurso de disfraces e festa infantil pola mañá no CC Vialia.
  • Puro Delirio organiza un karaoke ás 17:00 e Cea de Entroido con concurso de disfraces e actuacións en directo ás 20:00.
  • Dobre sesión de contacontos na Casa do Libro, ás 18:00 e 19:00 horas, arredor desta festa pagá; recoméndase ir disfrazado.
  • A Asociación Vila de Bouzas leva a festa as súas rúas co concerto de Sehiva a partir das 18:00 na Alameda.
  • As comparsas volverán encher de cor e música as rúas de Vigo, nun desfile que arrancará ás 18.00 en Praza América e culminará na rúa Venezuela.
  • Un Entroido Instrumental é o título do primeiro concerto da Orquestra Clásica esta temapada, terá lugar no Teatro Afundación ás 20:00.
  • A banda local Cherry Sweet será a encargada de animar a troula cun concerto que dará comezo ás 21.30 horas e terá lugar en Policarpo Sanz á altura do Teatro García Barbón.
  • Para os máis festeiros a sala Doppler ten organizada unha festa dance de Entroido que dará comezo ás 23.00.

DOMINGO 27

  • Os merdeiros volverán repartir estopa polas rúas do Casco Vello tanto pola mañá como pola tarde.
  • Na xornada dominical Puro Delirio ten preparado un obradoiro de maquillaxe de Entroido ás 12.30 e Karaoke ás 17.00
  • Actuacións infantís na carpa instalada na praza do Rei a cargo de Barafunda.
  • LUNS 28

  • Concurso de disfraces na praza do Rei, ás 17.30 arrincará a modalidade infantil e ás 18.30 a de adultos.
  • Puro Delirio non para e durante a xornada de hoxe convídanos a participar no concurso de imitacións. a partir das 18.00
  • MARTES 1

  • Obradoiro infantil de creación de caretas no Museo do Mar dirixido a cativos de maiores de 6 anos.
  • Os merdeiros volven a rúa por último día este Entroido. Andarán polo Casco Vello tanto pola mañá como pola tarde.
  • O restaurante Puro Delirio finaliza a programación deste Entroido repetindo o concurso de imitacións ás 18.00.
  • As 20.00 terá lugar un dos actos centrais do Entroido vigués: a queima do meco. Unha vez incinerado gozaremos da música de Broken Peach que subirán ao escenario situado en Policarpo Sanz.
  • MÉRCORES 2

    REVISTA OUTUBRO

  • O último día do Entroido vén marcado polo enterro da sardiña que arrancará ás 18.00 coas exequias funerarias, continuará ás 18.30 co desfile que discorrerá por Policarpo Sanz e Colón e que rematará co sepelio do meco arredor das 19.30. A continuación se coñecerán os gañadores dos concursos de comparsas e disfraces.