REVISTA ABRIL

Vigo Turístico, historia de noso

Borja Concheiro converteuse en 2017 no primeiro guía en realizar na nosa cidade os populares free tours. Este tipo de plans, nos que cada asistente paga segundo o grao de satisfacción, adoita estar dirixido a turistas, pero este apaixonado pola historia de noso quixo que a veciñanza se unise aos paseos para redescubrir a propia contorna.

Unha ruta de Vigo Turístico pasando diante do Hotel Moderno | P. Vázquez

En 2020, durante a pandemia, o proxecto deu un paso máis con Vigo Turístico e o lanzamento de varias rutas temáticas para o público local. Estes paseos descobren anacos da nosa historia para propios e estraños, como o ataque do corsario sire Francis Drake no século XVII, a historia da arquitectura indiana e o patrimonio perdido, a importancia da industria conserveira, a pegada de Jules Verne ou o Entroido vigués. A arte urbana, as luces do Nadal, os misterios e as lendas que agochan as nosas rúas son outras das temáticas máis populares. Ata unha ducia de rutas perfectas para sorprender familiares, amigos ou compañeiros de traballo percorrendo a cidade a pé antes dun rico xantar ou dunha boa cea.

REVISTA ABRIL
Un dos guías de Vigo Turístico durante unha explicación | P. Vázquez

Para este mes marceliño, a empresa rexentada por Concheiro ofrece dous itinerarios para achegar dous acontecementos chave da nosa historia: a Arribada de Baiona e a Reconquista de Vigo. A primeira das rutas convócase para o venres 1 e os sábados 2 e 9, ás 17:00 horas; namentres que a segunda se realiza o domingo 24 de marzo e o sábado 6 de abril, ás 11:00 horas.

Reconquista | P. Vázquez

Vigo Turístico tamén ofrece a opción de realizar calquera das rutas ofertadas baixo demanda para grupos privados. Un xeito divertido de percorrer e (re)descubrir Vigo, sitio distinto.

vigoturistico.com | vigoturistico@gmail.com| 654 22 69 94 | @vigoturistico